> - Necesidade. Vou fazer de avogado do diaño: xa temos unha asociación que
>  traballa neste eido, que ademais ten o mérito de ser a organización que máis
>  tempo leva traballando en galeguización na rede e que ofreceu os seus 
> recursos
>  para o que a comunidade precise, deixando moi claro ademais que o principal
>  beneficiario sería Trasno. Entón, se xa podemos contar coa Ciberirmandade:
>  cal sería exactamente a necesidade de crear unha nova asociación? Ou por
>  sermos prácticos: qué problema resolve exactamente a creación dunha nova
>  asociación?

O proceso no que estamos mergullados de compor o Proxecto Trasno (PT)
como persoa xurídica comezou definitivamente durante a Akademy-es 2009
d'A Corunha. Inicialmente consideramos a idea de integrarnos dentro
das Ciberirmandades da Fala (CIF), e mantivemos contactos con estas;
agora ben, varias persoas membros do PT expresaron reparos debido a
diverxencias en dous eidos: nos propósitos declarados das CIF e os
desexados polos membros do PT e aliás no referente ás traducións de
software privativo (SP) vs. software libre (FLOSS).
Concretamente, recuamos por considerar que parte dos propósitos das
CIF podían considerarse políticos -non me digas cais-, e porque nas
CIF couve o SP, mentres que se desexaba manter o PT estritamente
dentro do FLOSS.
Mais nada.


>  por qué
>  unha asociación e non unha fundación por exemplo?

Antes que nada, por simplificar a xestión en xeral e as obrigas
fiscais en particular (penso). Tamén se considerou fundala como
instituto.

> En resumo: todo o meu apoio a calquera iniciativa, e se promove o
> asociacionismo mellor. Como polo que dis o proxecto aínda o tedes nunha fase
> moi embrionaria, estamos a tempo de resolver o principal problema que é o do
> consenso: quedamos pendentes entón de que publiquedes ese rascuño de estatutos
> para dar comezo á posta en común e discutilos abertamente entre todos.

Varias versións previas foron publicadas na rolda de correo do PT,
sendo reformados para adaptar os seguintes puntos:
-Nome da asociación,
-Propósito,
-Composición da xunta directiva,
-Método de elección da directiva,
-outros.

> O único que sí era urxente era evitar que
> o proceso de desmantelamento de Mancomún ocasionara a perda dos datos e da
> comunicación; máis grazas ao ofrecemento da Ciberirmandade eso quedou resolto:
> xa temos a rolda alternativa e xa iniciamos o proceso de copia de seguranza da
> información pública; na xuntanza de hoxe imos facer avaliación do traballo de
> cada un de nós e ver cómo continuamos.

Moi interesante e mesmo imprescindíbel para cousas como a forxa.

Responderlle a