Boas:
Lendo todo o que se está a comentar no G11n penso que poida que conveña esperar para a creación da asociación trasno. Desde o meu punto de vista a idea da asociación entre outros motivos ven motivada por ter unha entidade legal e non convencendo a algúns dos membros de trasno a integración en CIF decidiuse a creación dunha nova entidade.

Neste momento pode nacer esa entidade na que si nos poidamos integrar sen ter que facer toda esa papelame da que falamos ademais de poder estar máis unidos ou formar un grupo máis grande.

Con esperar non me refiro a renunciar a constitúir a asociación se isto non vai adiante senón a participar. Penso que pode ser unha gran oportunidade facer públicos os estatutos de trasno, poida que outras achegas o enriquezan e no canto de facer unha pequena asociación poidamos facer unha pequena asociación pero máis grande, na que si realmente poidamos estar todos.

Realmente sinto, así o percibo, que hai moi boa sintonía entre todos os que estamos nas distintas roldas (trasno, g11n, ubuntu...) está claro que hai diferentes sensibilidades pero tamén percibo respecto (xa parezo un pitoniso ;-)). Poida que esta sexa un bo momento para facer algo máis grande que permita que máis software estea en galego e que o estea cunha mellor calidade.

Seguro que podemos chegar a algo que nos sume a todos.


--
damufo



Miguel Branco escribiu:
Apuntádeme a esa comida!

Eu saio dende Coruña city a canda Leandro, admítense + pasaxeiros :)


Responderlle a