> Vedes ben esta tradución? Ten que ver coa sincronización NTP...
>
> Specified synchronization peer not found.
>
> Non se atopou o parceiro de sincronización especificado.
>
> Vexo no glosario de trasno peer como "parceiro" e lin no histórico da lista 
> que
> quedaba así, pero en thunderbird e demais vexo peer como "elemento do
> mesmo nivel".

Aquí parceiro igual non lle acae. A sincronización é entre dous puntos
(aquí e acolá) así que haberá que atopar unha tradución para "peer" de
xeito que se entenda o de "parte de acolá", e ningunha das traducións
propostas ata o de agora para "peer" queda ben para este contexto.

Ata logo,
                         Leandro Regueiro

Responderlle a