Boas:

Leandro Regueiro escribiu:
Lendo todo o que se está a comentar no G11n penso que poida que conveña
esperar para a creación da asociación trasno.

Desde o meu punto de vista a idea da asociación entre outros motivos ven
motivada por ter unha entidade legal e non convencendo a algúns dos
membros de trasno a integración en CIF decidiuse a creación dunha nova
entidade.

Neste momento pode nacer esa entidade na que si nos poidamos integrar
sen ter que facer toda esa papelame da que falamos ademais de poder
estar máis unidos ou formar un grupo máis grande.

Con esperar non me refiro a renunciar a constitúir a asociación se isto
non vai adiante senón a participar. Penso que pode ser unha gran
oportunidade facer públicos os estatutos de trasno, poida que outras
achegas o enriquezan e no canto de facer unha pequena asociación
poidamos facer unha pequena asociación pero máis grande, na que si
realmente poidamos estar todos.

Realmente sinto, así o percibo, que hai moi boa sintonía entre todos os
que estamos nas distintas roldas (trasno, g11n, ubuntu...) está claro
que hai diferentes sensibilidades pero tamén percibo respecto (xa
parezo un pitoniso ;-)). Poida que esta sexa un bo momento para facer
algo máis grande que permita que máis software estea en galego e
que o estea cunha mellor calidade.

Seguro que podemos chegar a algo que nos sume a todos.
Claro, por iso está tamén en marcha esa Federación, somos, xunto con
guls e outras agrupacións, entidades cívicas complementarias, non?
Creo que non ten nada que ver a colaboración nos traballos e proxectos
coa constitución legal de Trasno. O mesmo que pasa respecto das
institucións como Unis ou Administración ou das empresas ou
asociacións de empresas como Agasol. Trasno debe "nacer" legalmente
para ser un actor membro máis. E a partir de aí xa calo...

Levamos con isto un ano, acordamos xa os flecos finais a semana
pasada, entre a semana pasada e esta Suso, a CIF e outra xente acorda
reunirse para discutir e agora imos parar o proceso dun ano? A xente
tivo oportunidade de opinar durante meses, de involucrarse, de cambiar
o rumbo e agora pasa isto?
A ver calma
A ver calma, creo que non dixen "parar" senón esperar, o outro parece que vai moi rápido por iso o de esperar. Ninguen falou de integrarse nas CIF iso quedou debotado e penso que todos o temos claro. Reitero novamente o meu agradecemento as CIF por darnos no seu día dita posibilidade.


Isto era o que pretendia o suso, meter cizaña entre nos para aasí poder
quedar de salvador, amo , redentor... e seguir a sacar reditos para si do
traballo dos demáis.
Tanto como meter as cabras na horta (tradución da RAG para cizaña :-) ) eu non diria. Non nos alteremos que eu non son ninguen e a miña opinión pouco conta. ;-)


Isto que estou a dicir xa llo dixen a el na cara en Malaga e agora usa para
promover a nosa sumisión a CIF os argumentos que eu empregaba contra el.

Afirmo, Suso só quere controlar el todo, para iso vai a usar calquera
artimaña, así que facedeme o favor de non facerlle caso.
relax...

Por cousas así e polo que eu non queria entrar en CIF. Estiveron a facerse
de "novas" entre o Suso e os seus amigoscando xa tiñan todo artellado.

As CIF sempre foron moi correctos connosco.

Primeiro obxectivo a derrubar para controlar o cotarro →→→→ Trasno
paranoia??

e nesas estan

dixit !

:-)

Vexo que sodes amigos :)

Non nego que se podería interpretar dese xeito, pero sendo máis serios
se chegamos ata aquí foi discutindo entre todos de xeito aberto,
aquí discrepo un chisco (perdón por discrepar) pero se certo é que discutimos o tema na rolda de trasno tampouco se dou publicidade fora da mesma e que eu saiba a rolda de trasno non se pode consultar se non es trasnego (que me corrixan se me erro)
colaborativo e transparente, discutindo todas as propostas e dúbidas,
e chegando a un consenso bastante amplo, ca participación durante
meses de quen quixo involucrarse. E agora resulta que temos que deter
todo o proceso case no final para considerar unirnos a aqueles que non
participaron na discusión. Tal como eu o vexo ten máis sentido que
eles sexa os que se unan a nós que xa discutimos bastante sobre o
tema.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro



Claro, por iso está tamén en marcha esa Federación, somos, xunto con
guls e outras agrupacións, entidades cívicas complementarias, non?
Creo que non ten nada que ver a colaboración nos traballos e proxectos
coa constitución legal de Trasno. O mesmo que pasa respecto das
institucións como Unis ou Administración ou das empresas ou
asociacións de empresas como Agasol. Trasno debe "nacer" legalmente
para ser un actor membro máis. E a partir de aí xa calo...

A min esta opción váleme, incluso me parece moi acertada.

Finalmente, desculpas se ofendín algunha sensibilidade.

--
damufo

Responderlle a