>>> Non nego que se podería interpretar dese xeito, pero sendo máis serios
>>> se chegamos ata aquí foi discutindo entre todos de xeito aberto,
>>
>> aquí discrepo un chisco (perdón por discrepar) pero se certo é que
>> discutimos o tema na rolda de trasno tampouco se dou publicidade fora da
>> mesma e que eu saiba a rolda de trasno non se pode consultar se non es
>> trasnego (que me corrixan se me erro)
>
> Eu penso que se comentou algunha que outra vez noutras roldas o feito
> de que Trasno se estaba constituindo en asociación, pero non vou poñer
> a man no lume, e sinceramente agora non teño ganas de poñerme a
> remexer no correo. Por outra banda a ninguén se lle privou de
> inscribirse nesta rolda.

Facendo unha busca rápida hai nove días en resposta a unha mensaxe de
Suso de título "[G11n] Desmantelamento de Mancomún: proxectos de
localización" na rolda de Mancomún Marce dixo que habería que convocar
a asemblea constituínte. Se razoas un pouco sabes que a asemblea
constituinte convócase xusto cando vas crear a asociación e iso
implica que antes tes os estatutos xa redactados e sabendo que en
Trasno discutimos as cousas dándolles mil voltas chegas directamente á
conclusión de que xa levabamos bastante tempo co da asociación.

Noutra mensaxe publicada o día 7 na rolda de Mancomún no fío "[G11n]
Pero non sen guerra pola nosa parte" onde participaron dous membros da
CIF, díxose directamente, e nunha mensaxe bastante curta que non podia
provocar confusión ningunha, que "estamos constituindo a asociación
agora mesmo".

As novas de que Suso e as CIF estaban xa discutindo como montar o
tinglado chegaron despois, e queda o dato de que nestes dous fíos, se
non mirei mal, é de onde derivou toda a historia esta, despois de
enviarlles nós mensaxes dicindo que estabamos a por en marcha a etapa
final da creación da asociación (é dicir, a xuntanza que houbo para
discutir posibles puntos conflitivos nos estatuto e acordar a data,
hora e lugar para asinar e o resto) e a comunicación directa de que a
cousa estaba en marcha nese mesmo momento.

>>> colaborativo e transparente, discutindo todas as propostas e dúbidas,
>>> e chegando a un consenso bastante amplo, ca participación durante
>>> meses de quen quixo involucrarse. E agora resulta que temos que deter
>>> todo o proceso case no final para considerar unirnos a aqueles que non
>>> participaron na discusión. Tal como eu o vexo ten máis sentido que
>>> eles sexa os que se unan a nós que xa discutimos bastante sobre o
>>> tema.

Responderlle a