Leandro Regueiro escribiu:
2009/10/14 Manuel Souto Pico <m.soutop...@gmail.com>:
Ola,

Máis un termo para discutir. Como traducides e como pensades que se debe
traducir feed en galego (no contexto de sindicación, RSS, novas, etc., non
de impresoras nin de saltos de liña).

Moi interesante.

Se cadra parécevos estraña a pergunta, porque vendo as traducións parece que
hai bastante homoxeneidade, pero quero asegurarme. Ademáis este termo non
aparece nos glosarios de Mancomún e Trasno (por certo, o de Mancomún por que
non se actualiza?).

Polo que vexo, normalmente se traduce por fonte, aínda que tamén se usa o
anglicismo, feed, como masculino ("o feed").
Supoño que me diredes que a primeira opción é a recomendábel, e eu tamén o
cría até que encontrei algúns contextos que me fixeron dubidar e pensar se
será a mellor opción ou se será a mellor opción sempre.

Así de resposta rápida diria que se acadara o consenso de "feed" =
"fonte de novas" pero non poria a man no lume.
Eu no joomla sego a empregar "semente"


Usar fonte, en principio parece boa opción aínda que non sempre sexa claro a
que se refire, sobre todo talvez para alguén que xa o viu como feed (en
galego ou noutra lingua), pero o uso/tempo (ademais do contexto) supoño que
irá eliminando a inconcreción. Porén, que pasa cando no contexto hai outro
termo que tamén se traduce por fonte (como source)?

Un par de contextos (? = dúbida):

// There is currently no feed source.
?Neste momento non existe ningunha fonte de feeds.
??Neste momento non existe ningunha fonte de fontes.

// You are destroying feed source.
?Estás destruíndo a fonte do feed.
??Estás destruíndo a fonte da fonte.

E outros:

http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1=\bfeed%28s|ing%29%3F\b&logalizaL2=&direccionconsulta=en-gl-logaliza

Coa tradución de data source non habería problema porque se traduce por
orixe de datos.

Por último, aproveito, que vén a conto. Se feed é fonte, como traduciríades
feeding? Supoño que creación de fontes ou algo así.

Tamén aproveito para preguntar se sería posíbel que o corpus de Mancomún
acepte expresións regulares nas buscas, como fai o Logaliza ou o CTG. Sería
interesante. Neste caso podería ter aforrado moitos feedbacks, por ex.

Sería útil poder facer consultas así.

Neste momento deberiamos pensar se é mellor modificar o corpus de
Mancomun para obter a ferramenta de QA que nós queremos, ou se é
mellor intentar modificar/que nos modifiquen o Open-Tran.

Unha aperta e espero que a miña consulta nos sirva de algo a todos :)
Manuel

_______________________________________________
G11n mailing list
g...@mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n




Responderlle a