2009/10/15, Suso Baleato <suso.bale...@gmail.com>:
> Boas,
>
> Dou conta do encontro de onte, agradecendo públicamente ao personal da
> Faculdade de Filoloxía a súa dilixencia tanto para facilitarnos en tan
> pouco tempo a sá multimedia como despois para ubicarnos noutra sá debido
> a que reunión se alongaba e compría activar as alarmas.
>
> Por resumir para que non queira seguir lendo: comezamos sen máis demora
> a fazer copia de seguridade sobre unha plataforma que poderá funcionar,
> ceteris paribus, de forma independente e autoxestionada durante os
> próximos 10 anos.
>
> O guión do que falamos é o que propuxo Susana ao principio da reunión,
> -que por certo, tamén se encargou de imprimir os indicadores que se ven
> nas fotos anexas, té e máis cousas en plan anfitriona total- e que pode
> atoparse eiquí:
>
> http://gramatica.usc.es/wiki/sistemas/L10N/Eventos/G11n3
>
> Resumindo:
>
> * Recursos e datos que cómpre salvar do desmantelamento, que se queren
> disponibilizar en forma de copia navegabel no servidor adicado:
>
> - Desenvolvemento:
>       - Forxa (CVS, BBDD, wikis, roldas, info dos proxectos)
>       - AraOS, Galinux (documentación e debs)
>
> - l10n:
>       - GNOME, OO.org, Mozilla non fai falta réplica xa que cada un
>         destes proxectos ten infraestructura propia independente de
>         Mancomún, se ben sí se gardará copia dos primeiros binarios do
>         oo.org (algunhas cousas como o golfinho ou exeria só parecen
>         funcionar con esas) e mais os xpi de mozilla (esto xa non é moi
>         útil, pero forma parte da intrahistoria de mozilla, e teñen valor
>         sentimental.
>       - Recursos lingüísticos publicados (tipo TMX, glosarios e demais)
>       - DVD PEME, Koha e outras (obter traducións, ver en cada caso)
>       - Toda a documentación publicada
>
> - A maiores:
>       - Copia dos arquivos públicos das roldas de correo, periódica
>       - Mirror da web, incluíndo wiki
>
> * Distribución dos servizos:
>
> - Servidor adicado: Réplica, repositorio, foros, web, wiki, software de
>   rede social e todo o que faga falta, agás o asignado a:
>
> - Servidor emerxencia: rolda g11n co seu arquivo, servidor DNS dos
>   dominios (co .net de cabeceira) e servidor IRC criptografado para o
>   traballo diario e as xuntanzas periódicas.
>
> - Se alguén ofrece calquera outro servidor, redirixirase o subdominio á IP
>   correspondente, para poder sumar novas iniciativas de forma rápida e
>   flexibel.
>
> * Estratexia para o traslado:
>
> - Farase copia dos recursos que sexan públicos e deixaranse a disposición
>   da xente do CESGA e de Trasno contas scp/ sftp para que copien alí o que
>   consideren preciso. A idea é que baste enviar a chave pública para activar
>   a conta e iniciar o respaldo.
>
> - No que se refire ás roldas gardaremos copia periódica dos arquivos que
>   sexan públicos e que se manterán estáticos; non se manterán as actuais
>   roldas públicas funcionando -agás que haxa unha solicitude nese sentido e
>   alguén disposto a asumir o mantenemento- agás no caso da rolda g11n que
>   seguirá funcionando coa mesma configuración actual. No caso de que no
> CESGA
>   suban copia do arquivo, faremos o merge correspondente; noutro caso
>   manterase unha copia estática navegabel do arquivo anterior enlazado dende
>   a web de información do mailman.
>
> - Non parece que teña sentido manter o mirror do Typo3 actual e dos wikis
> máis
>   que a efectos de arquivo histórico; por tanto non se instalará o Typo3 (a
> non
>   ser que haxa quen se preste voluntariamente a fazelo) senón que se gardará
>   copia estática do contido publicado. A web de referencia, en tanto non se
>   defina outra solución -e Joomla aparece como opción preferente- será a que
>   amose o mailman para a rolda.
>
> - Wiki: o mesmo que para a web; manterase unha copia estática do publicado
> sen
>   descartar incorporar eses contidos ao wiki do servidor adicado.
>
> - Forxa: ver o primeiro punto. Manualmente só se fará copia dos proxectos
>   máis directamente relacionados coa g11n; non se considera montar outra
> forxa
>   (de novo, agás que haxa quen se preste voluntariamente a facelo).
>
> * Tarefas concretas para a migración:
>
> - Configurar as contas scp/ sftp para darlle acceso á xente do CESGA e
> Trasno.
>
> * Servizos que podemos ofrecer
>
> Eiquí houbo tormenta de ideas:
>
> - Comezar a pensar en memorias de tradución por tipo de aplicación (por
>   exemplo: TMX de wikis, pois o máis probabel é que a terminoloxía dun wiki
>   sexa aproveitabel nos outros; o mesmo para os escritorios (exemplo KDE/
>   GNOME)
> - Foro aberto sobre terminoloxía. Esto podería facerse de forma inmediata.
> - Foro de "primeiro contacto" ou "axuda" para personas que queiran iniciarse
>   na galeguización de software.
> - Localización/ tradución/ QA en liña, para facilitar a integración de nova
>   xente, vía web.
>
> En todo caso, a materialización destas ideas sería a medio/longo prazo, non
> agora, e ademais a definición dos servizos que se ofrezan deberán ser
> resultado do proceso de análise que no cronograma se iniciaría agora:
> quedaría
> aberto o proceso para que todo o mundo poida participar directamente fazendo
> as
> súas achegas.
>
> * Tarefas e perfís
>
> Dependerá dos servizos, e por tanto dos resultados da análise.
>
> * Outros
>
> - Asociación de Trasno. Ao parecer Trasno está dando pasos para constituirse
>   en asociación tras acordar uns estatutos redixidos a traverso dun proceso
>   interno de debate privado levado a cabo básicamente na súa rolda fechada.
>   Como non se empregou un proceso decisional e aberto, esa asociación non
> pode

- 09/10/09 15:48: Correo de Suso:
"Habería que ir mirando qué posibilidades temos; teríades problema en buscar
un momento a semana próxima en santiago para xuntarnos físicamente?"

-11/10/09 03:14: Correo de Suso:
"Acabo de combinar con Minhoca para quedar este luns 12 en torno ás 20:00 en
Cangas e como non é un sitio precisamente céntrico, falamos de convocar outra
máis para o mércores 14 a esa mesma hora pero xa en Compostela, sitio por
definir (admítense suxerencias)."

-13/10/09 04:50: Correo de Suso:
"Dou conta da xuntanza de hoxe, longa como se pode ver polas horas, mais
fructífera como se verá, na que estivemos Minhoca e máis Medulio pola
Ciberirmandade, Susana Sotelo e mais eu."

13/10/09 21:38: Correo de Suso:
"Acaba de avisar Susana de que temos dispoñibel a sá de videoconferencia
da Faculdade de Filoloxía da USC; a falta doutras alternativas, ahí
estaremos mañá mércores 14 ás 20:00 para continuar avanzando nas propostas
de Cangas; por suposto, reunión aberta a quen queira participar nela, tanto
presencialmente como facendo aportacións vía correo."


Aínda que agradezo sinceramente o ofrecemento das CIF, penso que este
xeito de facer as cousas, simplemente, non procede. Se se pretende dar
exemplo de transparencia, ánimo de cooperar e demais, creo que
convocar unha reunión *o día antes*, e ademais *xa fixada a data e
lugar*, non é a mellor idea. Incluso unha semana de prazo me parecería
demasiado curto.


>   representar ao conxunto da comunidade (a Ciberirmandade por exemplo
> estaría
>   excluída dela, a igual que tradutores que prefiran traballar de forma
>   independente ou que esixan facelo de forma aberta e transparente); mais
> iso
>   non significa ningún obstáculo para colaborar no futuro e o feito de que
>   Trasno -por fin- se convirta en asociación é unha boa noticia por que é bó
>   para todos.
>
> - Finanzamento. Lamentabelmente no mundo que vivimos é preciso diñeiro
>   para interactuar e dispoñer de recursos; e por se esto non fora problema
>   suficiente, o tema dos cartos tende a ser causa de conflictos e
>   desconfianza entre a xente. Á hora de calcular o custe da alternativa, é
>   preciso entender que non se pretende clonar a estructura de Mancomún,
>   senón manter funcional unha plataforma independente de subvencións e
>   institucións e autoxestionada polas personas que fagan uso dela.
>
>   Inicialmente falouse en cubrir o investimento preciso para garantir dous
>   anos, pero finalmente optouse por unha solución a máis longo prazo. Así,
>   o investimento previsto que comprometemos é de 5000 euros para o
>   mantenemento dos dominios g11n e dos servidores virtuais durante os
>   próximos 10 anos. Os detalles das contas iranse publicando seguindo o
>   mesmo modelo que se ven usando na Ciberirmandade para garantir a máxima
>   transparencia.
>

Apreciación persoal: amolaríame bastante que, por ir con presas, se
comprometan 5.000 eurotes, que se cadra se poden aforrar. Non corre
*tanta* presa, señores.

> Dito esto e vistas as últimas noticias ([1],[2],[3],[4]) que confirman o
> desmantelamento de Mancomún, penso que xa todo o mundo ten clara a postura
> de cada quen, así que pouco hai máis que dizer que: a traballar. Esta será
> unha intensa fin de semana: onde hai vida, hai esperanza.
>
> Saúdos,
>
> Suso Baleato escrebeu:
>> Boas,
>>
>> Acaba de avisar Susana de que temos dispoñibel a sá de videoconferencia
>> da Faculdade de Filoloxía da USC; a falta doutras alternativas, ahí
>> estaremos mañá mércores 14 ás 20:00 para continuar avanzando nas propostas
>> de Cangas; por suposto, reunión aberta a quen queira participar nela,
>> tanto
>> presencialmente como facendo aportacións vía correo.
>>
>> Saúdos e avante toda!

Nada máis polo de agora. Ou si: calma. Non fagamos as cousas demasiado
ás presas.
>>
>>
>>
>> Suso Baleato escrebeu:
>> > Suso Baleato escrebeu:
>> > > Minhoca escrebeu:
>> > > > Suso Baleato escribiu:
>> > > > >
>> > >
>> > > O propósito de ambas reunións será o mesmo: fazer inventario de
>> > > recursos de
>> > > infraestructura e proxectar a súa posta en común para darlle
>> > > continuidade aos
>> > > proxectos de Mancomún, lóxicamente priorizando os de g11n.
>> > >
>> > > Sobra dizer que as dúas reunións son abertas, pode participar nelas
>> > > quen queira,
>> > > e se alguén ten propostas (de recursos, de loxística...) pero non pode
>> > > vir, que
>> > > mas faga chegar directamente ao correo ou ben a traverso desta rolda.
>> > >
>> >
>> > Dou conta da xuntanza de hoxe, longa como se pode ver polas horas, mais
>> > fructífera como se verá, na que estivemos Minhoca e máis Medulio pola
>> > Ciberirmandade, Susana Sotelo e mais eu.
>> >
>> > Todo o que se expón son propostas, que se expoñen eiquí para
>> > consideración
>> > xeral e nas que continuaremos avanzando na reunión prevista para
>> > Compostela
>> > (o mércores 14 ás 20:00) en lugar por concretar (admítense ofrecementos
>> > de
>> > local, a ser posibel con aparcadoiro fácil).
>> >
>> > NATUREZA
>> > --------
>> > Hai acordo pleno en que a alternativa a Mancomún non pode ser
>> > institucional
>> > nin tampouco pode consistir en crear unha nova asociación, ou unha
>> > federación
>> > de asociacións pola súa complexidade e por que non hai masa crítica para
>> > iso,
>> > máxime cando Trasno está en pleno proceso constituínte, e máis se cabe
>> > cando
>> > a cultura da "leiriña" está tan asentada entre nós, e sempre resulta
>> > complicado
>> > facer cousas conxuntamente. Por tanto non se trataría de crear unha nova
>> > persona xurídica, senón un conxunto de recursos comúns que sexan útiles,
>> > na
>> > liña metodolóxica definida no g11n, compartidos polas distintas personas
>> > físicas e xurídicas que conforman a comunidade de localización, partindo
>> > dos
>> > consensos aceitados por todos que permiten ir aproximando posturas
>> > mentres cada
>> > quen pode traballar dende o seu recuncho, e onde tanto as asociacións
>> > existentes,
>> > como grupos de voluntarios, voluntariado individual sen vinculación e
>> > demais
>> > axentes colaboran de mutuo acordo e por vontade propria. Neste sentido
>> > identifícanse os consensos do g11n como punto de partida sólido sobre o
>> > que
>> > medrar, e por eso o foco debe continuar centrado na galeguización do
>> > software.
>> > Todo o que veña a maiores, benvido sexa.
>> >
>> > NOME
>> > ----
>> > Había varias propostas (Mankomuna, Komuna e outras, con "k" para marcar
>> > a
>> > indepencia institucional) que foron descartadas en favor de "g11n", máis
>> > neutro, menos marcado, como acrónimo de galeguización que xa coñecemos.
>> > O motivo
>> > é que este é un nome que todas as personas involucradas identifican
>> > claramente,
>> > está asociado aos consensos actuais, é curto, xa dispoñeríamos de nomes
>> > de dominio
>> > e de imaxe corporativa -lembrar que o traballo de deseño foi cedido á
>> > comunidade
>> > con este propósito. Por outra parte tampouco se trata de crear un
>> > mancomún-2
>> > idéntico, e por que á hora de priorizar os temas relacionados coa língua
>> > son os
>> > que vemos como máis críticos.
>> >
>> > RECURSOS
>> > --------
>> > Os recursos dos que dispoñemos son:
>> >
>> > - Servidor adicado: sería un servidor Debian contratado pola
>> > Ciberirmandade,
>> >   con tanto espazo en disco e xigas de transferencia como sexa preciso
>> >   comezando polo mínimo e aumentando baixo demanda, todo elo até o
>> > límite
>> >   que a asociación poida costear por suscripción popular. Trataríase dun
>> >   servidor independente e separado do da Ciberirmandade que eles
>> > manterían
>> >   en funcionamento pero que sería configurado en función das necesidades
>> >   definidas pola comunidade. Neste servidor terían cabida as copias de
>> >   seguranza e os servizos "gráficos" como foros, buscador terminolóxico,
>> >   glosario, wikis, webs, e demais posibilidades que se acorden. Este
>> > servidor
>> >   ten as funcionalidades estándar dos hostings actuais con panel de
>> > control,
>> >   scripts de instalación e similares. Compre sinalar que esta asociación
>> > non
>> >   acepta subvencións, decisión que tomaron para garantir a súa total
>> >   independencia.
>> >
>> > - Servidor de emerxencia: trátase do servidor que eu puxen en marcha
>> > para
>> >   respaldar o proceso de desinstitucionalización iniciado en maio (ver
>> >   diagrama adxunto [1]) fornecendo un repositorio común para todas as
>> > traducións,
>> >   unha rolda de correo (a rolda g11n de mancomún, que sería trasladada
>> > aquí)
>> >   e a xestión dos dominios g11n. Tal como pode verse no cronograma, o
>> > proceso
>> >   de desinstitucionalización estaba planificado para dous anos; posto
>> > que era
>> >   vital manter estes servizos funcionando á marxe das institucións,
>> > decidín
>> >   asumir personalmente e por adiantado o custe de mantenemento deste
>> > servidor
>> >   pois non atopaba outra alternativa para garantir a continuidade das
>> >   traducións de Mozilla, OpenOffice e GNOME. Unha vez coñecido o
>> > ofrecemento
>> >   da Ciberirmandade, e tras falalo hoxe, optei por donar este servidor,
>> > xunto
>> >   cos dominios rexistrados, como "servidor de emerxencia" que durante os
>> > dous
>> >   próximos anos garantize as comunicacións da comunidade. Transcurrido
>> > este
>> >   tempo decidiríamos conxuntamente qué fazer con eses recursos (igual
>> > para
>> >   ese día inventouse un traductor automático por intelixencia artificial
>> > e xa
>> >   non facemos falta.)
>> >
>> > ALCANCE
>> > -------
>> > Despois de examinar o amplo espectro de actividades de Mancomún
>> > (observación,
>> > formación, difusión, implantación, desenvolvemento, localización e
>> > soporte) e
>> > contrastalos cos recursos que temos, viuse claro que era preciso
>> > priorizar
>> > seleccionando aquelo que, resultando de maior importancia, poidamos
>> > abarcar.
>> > E despois de darlle voltas, chegamos á conclusión de as áreas nas que
>> > imos
>> > poder aportar son as de desenvolvemento -fornecendo unha copia de
>> > seguranza-
>> > e a de localización -fornecendo a continuidade dos proxectos de
>> > localización.
>> >
>> > Con respeito a de desenvolvemento (forxa, araos, galinux, golfinho,
>> > monifate
>> > e demais) enténdese que, pola súa natureza, o protagonismo debe
>> > corresponder
>> > ás asociacións de linux e ás empresas de enxeñería software que son as
>> > que
>> > mellor saberán selecionar qué proxectos dos existentes deben ser
>> > continuados
>> > e cómo facelo. Porén, como non percibimos sinais de actividade deles
>> > dende
>> > fai meses, compre evitar que pola súa falta de iniciativa desapareza
>> > todo o
>> > código da rede. Por tanto a acción que se propón tomar é abrir unha
>> > conta no
>> > servidor adicado para que o personal que aínda queda no CESGA poida
>> > programar
>> > unha copia de  seguranza, que quedaría accesíbel para que no futuro
>> > poida
>> > reutilizarse o material evitando que se perda.
>> >
>> > Con respeito a localización, enténdese que hai un problema estructural e
>> > un
>> > problema crítico. O problema crítico é que desapareza a rolda g11n antes
>> > de
>> > que fora trasladada ao servidor de emerxencia, en cuxo caso a
>> > comunicación
>> > -e o proceso de desinstitucionalización- quedaría interrompida, e por
>> > eso
>> > acción [[ _urxente_ ]] que se propón e facer copia de seguridade da
>> > rolda de
>> > mancomún e trasladala ao servidor de emerxencia. O problema estructural
>> > é a
>> > falta de xente, e nesto proponse recuperar a proposta de dorfun [2] no
>> > g11n
>> > sobre a activación de redes sociais -ou algo similar- de xeito que
>> > poidamos
>> > atraer o interese de xente próxima ao tema da língua. Pénsase que o
>> > sistema
>> > de roldas está ben para a xente que leva tempo, pero para a xente nova é
>> > necesario algo máis gráfico, ben sexan foros, ben sexa intervindo en
>> > facebooks, tuentis e demais, ou se cadra montando unha rede propria.
>> > Todo
>> > esto habería que ilo concretando, e disporíamos do servidor adicado para
>> > hospedalo. Proponse comezar abrindo foros. Lóxicamente habería que poñer
>> > en
>> > marcha alternativas aos servizos que funcionan en Mancomún ou que haxa
>> > que
>> > montar e aínda non estén, como unha web terminolóxica e similares, que
>> > irían
>> > sendo definidos pola comunidade.
>> >
>> > Ben, faláronse máis cousas, pero o que vemos claro os que estivemos é
>> > isto
>> > que tratei de reflexar. O próximo mércores xuntámonos para discutir o
>> > que se
>> > comente até entón; reunión aberta como sempre, en canto teñamos claro o
>> > sitio
>> > xa avisamos.
>> >
>> > [1] O cronograma reflexa o meu plan de traballo até 2012. Por suposto
>> > cousas
>> >     como a Ley de Estándares Abertos, o proxecto de Migración da Xunta a
>> > SW
>> >     Libre ou a consolidación do personal contratado no CESGA foron
>> > abortadas
>> >     polo novo goberno, mais a parte referida a g11n sí que sería posibel
>> >     mantela se queremos. As liñas vermellas son as tarefas "oficiais" a
>> > levar
>> >     a cabo dende Mancomún, as azuis as de comunidade, e as verdes son as
>> > miñas
>> >     iniciativas personais. Usar o zoom para vela completa: as tarefas da
>> >     parte superior correspóndense coa parte máis oficial, e as de abaixo
>> > coa
>> >     máis comunitaria, como vedes, van sincronizadas.
>> >
>> > [2] "Nisto Dorfun da Dorfunteca propón aplicar mecánica das redes
>> > sociais á
>> >     comunidade de tradución para mellorar a comunicación interna e para
>> >     permeabilizarse e que poida participar xente nova" nos consensos do
>> > g11n.
>> >
>> > > Saúdos e veña que vamos,
>> > >
>> > > >
>> > > > > Penso que se logramos definir unha plataforma o suficientemente
>> > > > > aberta para
>> > > > > que toda esta xente teña cabida, e mesmo para atraer nova xente de
>> > > > > cara ao
>> > > > > futuro, entón teremos logrado o máis importante. Estou seguro de
>> > > > > que o resto
>> > > > > irá chegando de forma natural.
>> > > > >
>> > > >
>> > > > Adiante.
>> > > >
>> > > > --
>> > > > ---
>> > > >       Saúde.
>> > > > ......................................................................
>> > > > Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.
>> > > >
>> > > > CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
>> > > > http://www.ciberirmandade.org
>> > > >
>> > > > A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
>> > > > ......................................................................
>> > > >
>> > > > _______________________________________________
>> > > > G11n mailing list
>> > > > g...@mancomun.org
>> > > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>> > >
>> > > --
>> > > http://susinho.pagina.de/
>> > > _______________________________________________
>> > > G11n mailing list
>> > > g...@mancomun.org
>> > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>> >
>> > --
>> > http://susinho.pagina.de/
>>
>>
>>
>> --
>> http://susinho.pagina.de/
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>
> --
> http://susinho.pagina.de/
>


-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a