Olá,
veño da Delegación da AEAT en Foz, así que farei un resumo:

1.- Debemos facer unha solicitude de NIF temporal e exención do
pagamento do Imposto sobre o Valor Adicionado/Engadido.
    - Modelo 036, dispoñíbel na web da aeat.es com formulario pdf.
    - Debe estar asinado polo represtante da asociación (o presidente
agás delegación)
    - Debe acompañarse unha copia do dni do representante
    - Ao presentalo hai que acompañar un orixinal e copia dos estatutos.
    -- Debera presentarse na delegación de facente correspondente ao
domicilio social da asociación, caso de facelo eu en Foz, o que han
facer é simplesmente remitilo aló.

    == Con isto obtense un NIF provisional, que permitirá abrir a
conta bancaria, e a exención do IVA.
    == Se non se ten a exención do IVA, polo menos para determinadas
cousas, as cotas dos socios deben cargar ese imposto.

2.- IAE: Se as actividades que fagamos son  para socios e non son
actividades económicas, non hai que darse de alta. Imos ter que
facelo, xa que se por exemplo facemos unhas xornadas e asiste xente
allea pagando xa estamos a facer unha actividade económica.
    As implicacións non son triviais, xa que habería que facer as
declaracións do imposto de sociedades, e do iva.

En resumo: Miguel Branco, temos que falar a ver como presentamos o Modelo 036

Responderlle a