Vía facebook, leo este aviso dende culturgal:

> A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña pásanos esta nota:
>
> "O pasado ano celebrouse na cidade o Cultur.gal, organizado pola
> Consellería de Cultura, polo que pasaron 40.000 persoas en 4 días que durou
> a Feira. Este ano a Consellería decidiu non facelo.
>
> A Concellaría de Cultura, cumprindo coa súa responsabilidade coa cidade que
> fora elixida sede permanente do Cultur.gal, desexa promover unha
> Festa/Feira de creación cultural. Esta terá lugar na última fin de semana
> de novembro (28 e 29). Queremos que sexa unha Festa onde a cidadanía se
> sinta parte da mesma, e queremos comezar porque vós sexades os que
> determinedes que nome que vai levar.
>
> En que consistirá a Feira? Dentro das nosas posibilidades orzamentarias
> tentaremos que haxa mostras dos produtos e traballos de todo o sector
> cultural: que estea representado o mundo editorial, audiovisual, produtoras
> musicais, artes escénicas..., en definitiva, a idea é que estea presente
> todo a xente da cultura que queira participar. Haberá actuacións musicais,
> teatro, monólogos, obradoiros para nenos ou para adultos...
>
> CAL É A VOSA PROPOSTA DE NOME PARA A FESTA/FEIRA?. Enviade as vosas
> suxestións a cult...@coruna.es"
>
> Esperamos ter máis detalles en breve.

sería unha boa oportunidade a aproveitar, non é?

Responderlle a