2009/10/19 mvillarino <mvillar...@gmail.com>

> Olá,
> veño da Delegación da AEAT en Foz, así que farei un resumo:
>
> 1.- Debemos facer unha solicitude de NIF temporal e exención do
> pagamento do Imposto sobre o Valor Adicionado/Engadido.
>    - Modelo 036, dispoñíbel na web da aeat.es com formulario pdf.
>    - Debe estar asinado polo represtante da asociación (o presidente
> agás delegación)
>    - Debe acompañarse unha copia do dni do representante
>    - Ao presentalo hai que acompañar un orixinal e copia dos estatutos.
>    -- Debera presentarse na delegación de facente correspondente ao
> domicilio social da asociación, caso de facelo eu en Foz, o que han
> facer é simplesmente remitilo aló.
>
>    == Con isto obtense un NIF provisional, que permitirá abrir a
> conta bancaria, e a exención do IVA.
>    == Se non se ten a exención do IVA, polo menos para determinadas
> cousas, as cotas dos socios deben cargar ese imposto.
>
> 2.- IAE: Se as actividades que fagamos son  para socios e non son
> actividades económicas, non hai que darse de alta. Imos ter que
> facelo, xa que se por exemplo facemos unhas xornadas e asiste xente
> allea pagando xa estamos a facer unha actividade económica.
>    As implicacións non son triviais, xa que habería que facer as
> declaracións do imposto de sociedades, e do iva.
>
> Estiven a ver como tiñamos en GALPon este tema, e polo que parece, segun
consello da asesoría (Algalia, especializada no "terceiro sector") nos non
temos alta no IAE xa que ainda que organizamos actividades susceptibles, ó
ser "casuais" non é preciso, o que si hai é que despois facer a declaración
oportuna.

De tódolos xeitos, esta tarde ou mañan, se hoxe a tarde non están,
chamareilles e preguntarei cal é exactamente o noso estatus nese tema e xa
vos informo.


> En resumo: Miguel Branco, temos que falar a ver como presentamos o Modelo
> 036
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a