2009/10/19 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> Vía facebook, leo este aviso dende culturgal:
>
>> A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña pásanos esta nota:
>>
>> "O pasado ano celebrouse na cidade o Cultur.gal, organizado pola
>> Consellería de Cultura, polo que pasaron 40.000 persoas en 4 días que durou
>> a Feira. Este ano a Consellería decidiu non facelo.
>>
>> A Concellaría de Cultura, cumprindo coa súa responsabilidade coa cidade que
>> fora elixida sede permanente do Cultur.gal, desexa promover unha
>> Festa/Feira de creación cultural. Esta terá lugar na última fin de semana
>> de novembro (28 e 29). Queremos que sexa unha Festa onde a cidadanía se
>> sinta parte da mesma, e queremos comezar porque vós sexades os que
>> determinedes que nome que vai levar.
>>
>> En que consistirá a Feira? Dentro das nosas posibilidades orzamentarias
>> tentaremos que haxa mostras dos produtos e traballos de todo o sector
>> cultural: que estea representado o mundo editorial, audiovisual, produtoras
>> musicais, artes escénicas..., en definitiva, a idea é que estea presente
>> todo a xente da cultura que queira participar. Haberá actuacións musicais,
>> teatro, monólogos, obradoiros para nenos ou para adultos...
>>
>> CAL É A VOSA PROPOSTA DE NOME PARA A FESTA/FEIRA?. Enviade as vosas
>> suxestións a cult...@coruna.es"
>>
>> Esperamos ter máis detalles en breve.
>
> sería unha boa oportunidade a aproveitar, non é?

Eu para isto non poderia estar, xusto eses días teño exames. Pero si
que é interesante..

Ata logo,
                   Leandro Regueiro
  • Culturgal Miguel Branco
    • Re: Culturgal Leandro Regueiro

Responderlle a