Sigo a ser da idea de que directorio se refire á xerarquía de ficheiros e 
cartafol á metáfora da interface gráfica.

O directorio /home/eu/Documentos é único

Documentos, como cartafol, pode aparecer no escritorio, no directorio persoal, 
nos diálogos de selección de ficheiros,... e, no meu caso, é de cor verde.

Xosé


O Luns, 19 de Outubro de 2009 15:52:40 damufo escribiu:
> Leandro Regueiro escribiu:
> >>> Un file tradúcese como "arquivo" cando é ou son un conxunto de
> >>> ficheiros e cartafoles comprimidos.
> >>
> >> NOTA: Coido que os .tar non están comprimidos, pero son arquivo. Arquivo
> >> sería como un ficheiro que fai de cartafol, por dicilo dqalgún xeito.
> >
> > Adrián ten razón.
> >
> > Habería que discutir algo máis o de folder, que eu tiraria
> > directamente por directorio...
> >
> > Ata logo,
> >                  Leandro Regueiro
> 
> Eu que estaba tentado a mudar todos os directory por cartafol...
> 

Responderlle a