>>>>> Un file tradúcese como "arquivo" cando é ou son un conxunto de
>>>>> ficheiros e cartafoles comprimidos.
>>>>
>>>> NOTA: Coido que os .tar non están comprimidos, pero son arquivo. Arquivo
>>>> sería como un ficheiro que fai de cartafol, por dicilo dqalgún xeito.
>>>
>>> Adrián ten razón.
>>>
>>> Habería que discutir algo máis o de folder, que eu tiraria
>>> directamente por directorio...
>>
>> Eu que estaba tentado a mudar todos os directory por cartafol...
>
> Sigo a ser da idea de que directorio se refire á xerarquía de ficheiros e
> cartafol á metáfora da interface gráfica.
>
> O directorio /home/eu/Documentos é único
>
> Documentos, como cartafol, pode aparecer no escritorio, no directorio persoal,
> nos diálogos de selección de ficheiros,... e, no meu caso, é de cor verde.

Vaale, aceptamos cartafol como animal de compañía.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a