> Hoxe en día o uso de "dende" queda circunscrito a pequenas zonas de
> Galicia (creo que polo noreste) e certo uso na literatura,
> especialmente polos criterios diferencialistas dos nosos clásicos da
> Xeración Nós.

Pola zona de Touro úsase "dende" bastante. Teño a dúbida de se non
será influencia da TVG...


> Tanto en castelán como en portugués a preposición estándar, hoxe, é
> "desde". A preferencia da RAG é simplemente por ser a maioritaria e
> concorrente coas linguas románicas veciñas (tamén o catalán).

Eu sempre tendín a usar "dende" porque hai moita xente que ten a
dúbida de se "desde" é ou non castelanismo e así aforro problemas,
digo traballo :)

> Acabo de chegar e atópome cunha hemorraxia de correos transcendentais
> que... non tedes medida humana.

Non é culpa nosa, botar a andar unha asociación implica cousas como esta...

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a