Ademais, se en inglés existen as dúas palabras (folder e directory),
non vexo por que temos que quedarnos só con unha... evitámonos leas
para o día en que apareza en inglés: "this folder is not inside a
valid directory" (por poñer un exemplo parvo, vaia...)

El 19/10/09, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> escribió:
>>>>>> Un file tradúcese como "arquivo" cando é ou son un conxunto de
>>>>>> ficheiros e cartafoles comprimidos.
>>>>>
>>>>> NOTA: Coido que os .tar non están comprimidos, pero son arquivo.
>>>>> Arquivo
>>>>> sería como un ficheiro que fai de cartafol, por dicilo dqalgún xeito.
>>>>
>>>> Adrián ten razón.
>>>>
>>>> Habería que discutir algo máis o de folder, que eu tiraria
>>>> directamente por directorio...
>>>
>>> Eu que estaba tentado a mudar todos os directory por cartafol...
>>
>> Sigo a ser da idea de que directorio se refire á xerarquía de ficheiros e
>> cartafol á metáfora da interface gráfica.
>>
>> O directorio /home/eu/Documentos é único
>>
>> Documentos, como cartafol, pode aparecer no escritorio, no directorio
>> persoal,
>> nos diálogos de selección de ficheiros,... e, no meu caso, é de cor verde.
>
> Vaale, aceptamos cartafol como animal de compañía.
>
> Ata logo,
>                  Leandro Regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a