Na miña terra pasa co galego como co inglés: lese distinto a como se escribe.
Así:
- escríbese "dende", pero pronúnciase "desde"
- escríbese "gato" pero lese "jato" (non, non se le ghato. na miña terra non)
- escríbese "concello" pero lese "ayuntamiento"
- escríbese "xanela" pero lese "ventana"

e máis casos aínda. Así que, se cadra, non che pode axudar moito, jejeje

2009/10/19, Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
> Hash: SHA1
>
> Leandro Regueiro escribiu:
>>> Hoxe en día o uso de "dende" queda circunscrito a pequenas zonas de
>>> Galicia (creo que polo noreste) e certo uso na literatura,
>>> especialmente polos criterios diferencialistas dos nosos clásicos da
>>> Xeración Nós.
>>
>> Pola zona de Touro úsase "dende" bastante. Teño a dúbida de se non
>> será influencia da TVG...
>>
>>
>>> Tanto en castelán como en portugués a preposición estándar, hoxe, é
>>> "desde". A preferencia da RAG é simplemente por ser a maioritaria e
>>> concorrente coas linguas románicas veciñas (tamén o catalán).
>>
>> Eu sempre tendín a usar "dende" porque hai moita xente que ten a
>> dúbida de se "desde" é ou non castelanismo e así aforro problemas,
>> digo traballo :)
>>
>>> Acabo de chegar e atópome cunha hemorraxia de correos transcendentais
>>> que... non tedes medida humana.
>>
>> Non é culpa nosa, botar a andar unha asociación implica cousas como
>> esta...
>>
>> Ata logo,
>>                      Leandro Regueiro
>>
>>
> Falando con keko esta mañán a súa zona tamén fai uso extensivo na fala e
> escrita de dende.
>
> Toda a miña zona fala e escribe dende, a discusión co meu profesor no
> seu día veu encamiñada por tomarme o que viña nos libros (defensa de
> desde) como algo incambiábel.
>
> Preguntei en Lareta.net para ver o que saco de aí. Pícame a curisidade
> se somos catro monos os que empregamos dende en galego e sentimos como
> algo forzado empregar "desde". Ou se pola contra a maioría da xente
> emprega "desde".
>
> Saúdos
> - --
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com         -     lis...@mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
>
> -----BEGIN PGP SIGNATURE-----
> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
>
> iEYEARECAAYFAkrchXoACgkQmLtmJqKk+bj+BQCeNFXsuXSsuDqcS75JbEyr72Fr
> s9gAnR6pRe98bCE5k5Bocmmhb0Xh4wBV
> =BAK0
> -----END PGP SIGNATURE-----
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a