2009/10/19 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>

>
>
> 2009/10/19 mvillarino <mvillar...@gmail.com>
>
>> Olá,
>> veño da Delegación da AEAT en Foz, así que farei un resumo:
>>
>> 1.- Debemos facer unha solicitude de NIF temporal e exención do
>> pagamento do Imposto sobre o Valor Adicionado/Engadido.
>>    - Modelo 036, dispoñíbel na web da aeat.es com formulario pdf.
>>    - Debe estar asinado polo represtante da asociación (o presidente
>> agás delegación)
>>    - Debe acompañarse unha copia do dni do representante
>>    - Ao presentalo hai que acompañar un orixinal e copia dos estatutos.
>>    -- Debera presentarse na delegación de facente correspondente ao
>> domicilio social da asociación, caso de facelo eu en Foz, o que han
>> facer é simplesmente remitilo aló.
>>
>>    == Con isto obtense un NIF provisional, que permitirá abrir a
>> conta bancaria, e a exención do IVA.
>>    == Se non se ten a exención do IVA, polo menos para determinadas
>> cousas, as cotas dos socios deben cargar ese imposto.
>>
>> 2.- IAE: Se as actividades que fagamos son  para socios e non son
>> actividades económicas, non hai que darse de alta. Imos ter que
>> facelo, xa que se por exemplo facemos unhas xornadas e asiste xente
>> allea pagando xa estamos a facer unha actividade económica.
>>    As implicacións non son triviais, xa que habería que facer as
>> declaracións do imposto de sociedades, e do iva.
>>
>> Estiven a ver como tiñamos en GALPon este tema, e polo que parece, segun
> consello da asesoría (Algalia, especializada no "terceiro sector") nos non
> temos alta no IAE xa que ainda que organizamos actividades susceptibles, ó
> ser "casuais" non é preciso, o que si hai é que despois facer a declaración
> oportuna.
>
> De tódolos xeitos, esta tarde ou mañan, se hoxe a tarde non están,
> chamareilles e preguntarei cal é exactamente o noso estatus nese tema e xa
> vos informo.
>

Falei coa xente de Algalia e si "será" preciso darse de alta no IAE pero
cando esteamos a facer cousas como organizar un curso ou unhas xornadas e
"cobremos" pola asistencia, se se fai con subvencións "non será" preciso que
teñamos a alta no IAE. En resumo, podemos cobrar subvencions, cotas de
socios, patrocinios e conceptos asemellados sen necesidade do IAE, cando
cobremos en concepto de "contraprestación económica" (entradas, matriculas a
cursos ou vendamos un servizo) si será preciso.

A alta no IAE complica as obligas de declaración e demáis.
Mentres os rapaces de Alagalia atenderannos as consultas breves por teléfono
de bon grao  xa que non ha ser moi económico, alomenos nun principio que non
imos ter un can.


>
>> En resumo: Miguel Branco, temos que falar a ver como presentamos o Modelo
>> 036
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>>
>
>
>
> --
> Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
> .ppt, .pptx
>
> Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
> (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/
>
> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
> galpon_min...@conf.jabberes.org
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a