Teño unha dúbida, xa que eu non estaba nas primeiras reunións da
comunidade de galeguización. O logo que aparece en

http://www.g11n.net/imaxes/g11n.jpg

Tamén está en

http://wiki.mancomun.org/images/G11n.png

http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n

Non sei se o logo foi licenciado como libre, CC ou qué; e se foi
asumido por todos os actores da localización de swl, de modo que
calquera grupo o pode usar e estaría ben que Trasno o incorporase
tamén no seu repertorio gráfico ou ben é un logo vinculado a Mancomún
ou se esa imaxe gráfica era particular e foi cedida para o uso das
actividades de coordinación da comunidade de Mancomún.

Non ten realmente importancia pero moito me temo que leva á confusión,
dando a entender que a actividade da comunidade reunida nos g11n de
Mancomún  (g11n v1 e v2) reside agora en g11n.net, que ao meu ver é
unha interpretación interesada porque non é real nin se fixo tras un
acordo das partes, polo menos non no caso de Mancomún.

Alguén sabe algo máis concreto?

Responderlle a