>>> Compras un libro de actas en calquer libraría (que teña as páxinas
>>>  numeradas). Na primeira páxina, como secretario, escribes:
>>
>> Problema: hai que escribir á mao. Hai un xeito de facer o mesmo con páxinas
>> soltas, pero non sei como era.
>>
>> E para o libro de rexistro dos socios?
>
> Pódese escribir cada páxina no computador, imprimila, recortala un pouco e
> colala, usando o carimbo da asociación para autenticar cada páxina. Sei que
> tamén hai quen o fai en páxinas soltas, pero non sei como se garante a
> autenticidade de cada páxina, ou sexa, como se evita que alguén retire unha
> acta anterior e a substitúa por unha falsificada. Talvez sería posíbel
> identificar cada acta cun pdf publicado no sitio web e unha suma MD5.

A idea de escribir a man igual non é moi boa, suponse que as actas
terán que ser lexibles. Se o de imprimir, cortar, pegar e pór o
carimbo é legal entón haberá que mirar o tema do carimbo. Tamén
podería ser interesante o de publicar as actas na rede en formato PDF
usando unha suma MD5 (que non sei se sigue sendo segura).

> O dos socios é máis sinxelo: faise a habilitación do libro na primeira páxina
> e despois escríbese de arriba a baixo, sen máis que o nome, o número de socio
> e o DNI, en principio. Compra un libro delgado para isto.

Ou sexa, mercar outro libro. Ten que estar numerado tamén? Teño que
mirar iso da habilitación do libro.

> O que me lembra que posibelmente exista unha base de datos dos socios e que
> haberá que rexistrala.

Certo. Polo de agora intentaremos pasar sen ela, ou non?

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a