2009/10/20 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> >>> Compras un libro de actas en calquer libraría (que teña as páxinas
> >>>  numeradas). Na primeira páxina, como secretario, escribes:
> >>
> >> Problema: hai que escribir á mao. Hai un xeito de facer o mesmo con
> páxinas
> >> soltas, pero non sei como era.
> >>
> >> E para o libro de rexistro dos socios?
> >
> > Pódese escribir cada páxina no computador, imprimila, recortala un pouco
> e
> > colala, usando o carimbo da asociación para autenticar cada páxina. Sei
> que
> > tamén hai quen o fai en páxinas soltas, pero non sei como se garante a
> > autenticidade de cada páxina, ou sexa, como se evita que alguén retire
> unha
> > acta anterior e a substitúa por unha falsificada. Talvez sería posíbel
> > identificar cada acta cun pdf publicado no sitio web e unha suma MD5.
>
> A idea de escribir a man igual non é moi boa, suponse que as actas
> terán que ser lexibles. Se o de imprimir, cortar, pegar e pór o
> carimbo é legal entón haberá que mirar o tema do carimbo. Tamén
> podería ser interesante o de publicar as actas na rede en formato PDF
> usando unha suma MD5 (que non sei se sigue sendo segura).
>

Sei que hai un metodo para facer todo por procesos dixitais, en galpon
facemolo así, deixademe un par de días e indico exactamente como é o
proceso.


> > O dos socios é máis sinxelo: faise a habilitación do libro na primeira
> páxina
> > e despois escríbese de arriba a baixo, sen máis que o nome, o número de
> socio
> > e o DNI, en principio. Compra un libro delgado para isto.
>
> Ou sexa, mercar outro libro. Ten que estar numerado tamén? Teño que
> mirar iso da habilitación do libro.
>
> > O que me lembra que posibelmente exista unha base de datos dos socios e
> que
> > haberá que rexistrala.
>
> Certo. Polo de agora intentaremos pasar sen ela, ou non?
>
> Ata logo,
>                     Leandro Regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a