2009/10/20 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2009/10/20 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> >
> >
> > 2009/10/20 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> >>
> >> 2009/10/20 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> >> > Teño unha dúbida, xa que eu non estaba nas primeiras reunións da
> >> > comunidade de galeguización. O logo que aparece en
> >> >
> >> > http://www.g11n.net/imaxes/g11n.jpg
> >> >
> >> > Tamén está en
> >> >
> >> > http://wiki.mancomun.org/images/G11n.png
> >> >
> >> > http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n
> >> >
> >> > Non sei se o logo foi licenciado como libre, CC ou qué; e se foi
> >> > asumido por todos os actores da localización de swl, de modo que
> >> > calquera grupo o pode usar e estaría ben que Trasno o incorporase
> >> > tamén no seu repertorio gráfico ou ben é un logo vinculado a Mancomún
> >> > ou se esa imaxe gráfica era particular e foi cedida para o uso das
> >> > actividades de coordinación da comunidade de Mancomún.
> >> >
> >> > Non ten realmente importancia pero moito me temo que leva á confusión,
> >> > dando a entender que a actividade da comunidade reunida nos g11n de
> >> > Mancomún  (g11n v1 e v2) reside agora en g11n.net, que ao meu ver é
> >> > unha interpretación interesada porque non é real nin se fixo tras un
> >> > acordo das partes, polo menos non no caso de Mancomún.
> >> >
> >> > Alguén sabe algo máis concreto?
> >>
> >> Claro, temos aí a Baleato que seguro que sabe máis do tema. Antes de
> >> que Bouzada salte ao trapo, comentar que en teoría o logotipo do
> >> Galinux estaba rexistrado a nome de Baleato e non de Mancomún, ou
> >> dalgún organismo da Xunta.
> >
> > Ji Ji
> >
> > Moito medo tendes a que choute
> >
> > Lóxico, pero como cada vez queda máis craro como este home non é senón un
> > "usurpador" xa nin me vou molestar. Xa todos vos decatades das súas
> > trapalladas e iso é o único que eu pretendín sempre.
> >
> >>
> >> Deberias falar con xente de Mancomún (que estivera daquela), eu
> >> simplemente lembro que o día que nos reunimos tiña montada toda unha
> >> parafernalia co tema de G11n.
>
> http://www.pedrofigueras.com/web/es_ES/work/5/g11n.html
>

Xa era sabido que o fixera o amigo do amigo

Iso o que aclara é que é propiedade da Xunta, alomenos que foi a xunta quen
o pagou, agora vete ti a saber se está rexistrado e que licenza ten.




-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a