O último changeset do thunderbird é o último changeset do repositorio galego 
de mozilla da rama do thunderbird 3.. non hai máis.. as correccións de erros 
que fun facendo aplícanse a diversas ferramentas comúns como o toolkit, 
compozer, etc.. polo que tamén inflúen no thunderbird, por iso hai que coller o 
último changeset do mesmo.

Sobre a memoria de tradución, eu non teño unha memoria de tradución 
actualizada, simplemente fun traducindo nos ficheiros no formato propio de 
Mozilla (dtd e properties) e indicando os distintos cambios coas ligazóns aos 
changesets nas roldas

Unha pregunta: que queres dicir con proceso de validación previo ao opt-in, ou 
que/cal/como é ese proceso de validación? 

Saúdos.
Javi Rial.

O Mércores 21 Outubro 2009 11:26:27 Suso Baleato escribiu:
> Javi, cando poidas indícame o último changeset do tb30x; faime chegar tamén
>  a memoria de tradución asociada para probar o proceso de validación previo
>  ao opt-in.
> 
> Graciñas,
> 
> Frco. Javier Rial escrebeu:
> > ---------- Forwarded message ----------
> > From: Frco. Javier Rial <dev.fjr...@gmail.com>
> > Date: 2009/10/20
> > Subject: IMPORTANTE: pendente en Mozilla e OpenOffice.org
> > To: g...@mancomun.org
> > Cc: proxecto@trasno.net, mozi...@mancomun.org, openoff...@mancomun.org,
> > comunid...@g11n.net, galic...@mozdev.org
> >
> >
> > Ola Suso:
> >
> >
> >  1.-Desde hai ben de tempo (1 de outubro) que rematei a tradución do
> > futuro Thunderbird 3.0.
> >
> > Mais é tarefa do coordinador facer o "OPT-IN" para a versión final coa
> > versión
> >
> > do repositorio que corresponda no fío correspondente tal e como che
> > anunciei
> >
> >
> > nesta mesma rolda hai exactamente unha semana:
> >
> >
> > http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-October/002640.html
> >
> >
> > So é mandar un mail indicando o último changest do repositorio e dicindo
> > que o
> >
> > galego (gl) fai opt-in
> >
> >
> > Os prazos do thunderbird 3 podes velos na seguinte páxina e canto antes
> > estea esto feito, antes nos olvidamos:
> >
> > https://wiki.mozilla.org/Thunderbird/StatusMeetings/2009-10-20
> >
> >
> > Por certo, tamén onte saiu a RC2 do Seamonkey.. aí xa non hai que facer
> > nada,
> >
> > xa está en camiño a versión final, pero entendo que non se corrixiron os
> > erros
> >
> > que notifiquei:
> >
> > http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-October/002641.html
> >
> >
> > Tamén está aberto un bug en bugzilla para elixir os motores de busca
> > (search
> >
> >
> > engine) para o fennec.. que terán que recibir aprovación por parte de
> > Mozilla
> >
> > e do coordinador
> >
> >
> >  2.-OpenOffice.org
> >
> > O outro día díxenche que tiñas correos da xente de Sun/Comunidade que
> > tiñas
> >
> > que responder nas roldas correspondentes:
> >
> >
> > http://l10n.openoffice.org/servlets/ReadMsg?list=dev&msgNo=11416
> >
> >
> > Ese é o fío onde oficialmente renunciei á coordinación do OpenOffice.org
> > ao
> >
> > galego e onde posteriormente se che pedía información para o teu completo
> >
> > rexistro como novo coordinador ao galego do OOo:
> >
> >
> > http://l10n.openoffice.org/servlets/ReadMsg?list=dev&msgNo=11423
> >
> >
> > Polo de agora non fixeches eses pasos, e estamos a 10 días da entrega da
> >
> > tradución do OpenOffice.org 3.2 ao galego, e nin Antón nin eu temos novas
> > túas de
> >
> > como vas facer, nin estabeleceches datas, nin se completaches
> > correctamente os
> >
> > pasos para o teu rexistro como coordinador.
> >
> >
> >  Todos estes correos xa chos fun reenviando estes días a esta rolda
> > porque así
> >
> > xa os tes na túa nova conta.
> >
> > Xa nos contarás.
> >
> >
> > Saúdos.
> >
> > Javier Rial.
> >
> > _______________________________________________
> > Galician mailing list
> > galic...@mozdev.org
> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> 

-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez                                                     
  
Técnico
Avda. de Vigo s/n Campus 15705    Santiago de Compostela (Galicia/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 569 810/ 981 594 616                 
<fjr...@mancomun.org>

Responderlle a