Benvido meu!

Miguel Bouzada escribiu:


2009/10/21 Enrique Estévez <keko.gl <http://keko.gl>@gmail.com <http://gmail.com>>

    Boas.

    Son Enrique Estévez, máis coñecido por Keko.

    Son un dos fundadores de Ousli e ata fai uns meses o secretario de
    dita Asociación (nestes momentos son un simple colaborador de dita
    asociación). Agora estou de coordinador da Oficina de Software Libre
    da USC e veño de unirme a lista de trasno para colaborar con todos.

    A maior parte dos que estades aquí xa me coñecedes pero hai outros que
    non, por eso me presento así, tan formalmente, jeje.

    De entrada, como xa vos comentou Fran, pomos o proxecto NetBeans baixo
    o paraugas de asociación Trasno. En principio, se ninguén ten
    inconvinte e non se presentan voluntarios, terei que asumir eu a
    coordinación do mesmo xunto con Fran (no tempo que lle quede libre). A
    ver se deixamos preparadas as páxinas do wiki canto antes, e quitamos
    toda a ferralla que hai e explicamos como se pode colaborar co
    proxecto de forma fácil, que a día de hoxe non o é).

    A maiores tamén estou levando a tradución do VirtualBox, OmegaT (que a
    teño que actualizar, enviala e tan pronto poida porme coa Web, xa que
    emprego dito programa para a tradución, cuestión de gustos) e fixen a
    primeira tradución do T-cos project (que tamén teño que actualizar e
    revisar o antes posíbel, porque Mario é un bo amigo).

    O outro proxecto interesante é centralizar o tema da tradución das
    Creative Commons (xa que a xente case non emprega as cc en galego e
    ten as ligazóns a de castelán), xa que teño contacto directo co que
    leva o tema en España e revisar dita tradución e ter todos os
    ficheiros de man para se as actualizan ou sacan unha nova licenza, que
    o traballo sexa mínimo. O máis dificil xa se fixo.

    Estou aquí para botar unha man.


Home, xa era hora! :-)
que iso de traballar espallado non é moi bo que digamos, así ademáis podermos borregarche a gusto cando toque.

Benvido


    Saúdos.


    --
    To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net
    <mailto:proxecto-unsubscr...@trasno.net>.




--
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org <http://jabberes.org> e na sala galpon_min...@conf.jabberes.org <mailto:galpon_min...@conf.jabberes.org>

Responderlle a