Ola,
acabo de mercar un libro de actas. Ten 100 páxinas pautadas (ou así
lle chamabamos na escola) numeradas e unha encadernación (binding)
bastante chula que pon "Actas" na portada e no lombo. Valeume 11,90€,
non sei se é excesivo ou non. E teño factura, ao meu nome xa que aínda
non hai asociación, ou é que fun demasiado rápido e debín ter agardado
a que houbera asociación para pedir a factura a nome da asociación?
Dixéronme que se non era isto o que buscaba que o podía devolver. A
ver se consigo unha cámara, aínda que o vexo algo difícil, e lle saco
unhas fotos...

Ata logo,
              Leandro Regueiro

Responderlle a