O Mércores, 21 de Outubro de 2009 21:16:45 Leandro Regueiro escribiu:
> > Ola,
> > acabo de mercar un libro de actas. Ten 100 páxinas pautadas (ou así
> > lle chamabamos na escola) numeradas e unha encadernación (binding)
> > bastante chula que pon "Actas" na portada e no lombo. Valeume 11,90€,
> > non sei se é excesivo ou non. E teño factura, ao meu nome xa que aínda
> > non hai asociación, ou é que fun demasiado rápido e debín ter agardado
> > a que houbera asociación para pedir a factura a nome da asociación?
> > Dixéronme que se non era isto o que buscaba que o podía devolver. A
> > ver se consigo unha cámara, aínda que o vexo algo difícil, e lle saco
> > unhas fotos...

Supoño que é un prezo normal. É un gasto interno da asociación; nas contas 
faise constar que esa factura non se emitiu a nome da asociación porque aínda 
non se tiña o NIF e xa está.

> 
> Ostras! esquecín o libro para o rexistro dos socios! Tiña que ter
> caracteristicas especiais ou vale un libro cas páxinas en branco?

Vale calquera libro coas páxinas en branco. O que o converte nun libro de 
socios/actas é a habilitación na primeira páxina polo secretario e a 
numeración das páxinas.

> 
>  Ata logo,
>               Leandro Regueiro
> 

Responderlle a