O Xoves, 22 de Outubro de 2009 21:14:34 Leandro Regueiro escribiu:
> >>> Ola,
> >>> acabo de mercar un libro de actas. Ten 100 páxinas pautadas (ou así
> >>> lle chamabamos na escola) numeradas e unha encadernación (binding)
> >>> bastante chula que pon "Actas" na portada e no lombo. Valeume 11,90€,
> >>> non sei se é excesivo ou non. E teño factura, ao meu nome xa que aínda
> >>> non hai asociación, ou é que fun demasiado rápido e debín ter agardado
> >>> a que houbera asociación para pedir a factura a nome da asociación?
> >>> Dixéronme que se non era isto o que buscaba que o podía devolver. A
> >>> ver se consigo unha cámara, aínda que o vexo algo difícil, e lle saco
> >>> unhas fotos...
> >
> > Supoño que é un prezo normal. É un gasto interno da asociación; nas
> > contas faise constar que esa factura non se emitiu a nome da asociación
> > porque aínda non se tiña o NIF e xa está.
> 
> Vale. Non sei se isto entra en conflito co que se comentou de publicar
> as actas en PDF...
??
As facturas métense nunha carpeta. Cada ano súmanse os ingresos, réstanse os 
gastos e esa é a contabilidade que se entrega para que a aprobe a asemblea.


> >> Ostras! esquecín o libro para o rexistro dos socios! Tiña que ter
> >> caracteristicas especiais ou vale un libro cas páxinas en branco?
> >
> > Vale calquera libro coas páxinas en branco. O que o converte nun libro de
> > socios/actas é a habilitación na primeira páxina polo secretario e a
> > numeración das páxinas.
> 
> Páxinas en branoo pero numeradas? Por outra banda igual o do rexistro
> de socios era boa idea telo nunha base de datos. Teremos que discutir
> o tema antes de que vaia eu comprar algo que non facía falta ningunha
> mercar.

Non sei como é o proceso de rexistrar a base de datos, pero creo que é moi 
sinxelo, que non hai que enviar datos, só dicir que existe.

O secretario certifica, simplemente por ser o secretario, que esa base de datos 
é correcta, e poden existir copias impresas, se se quer.

Xosé

> Ata logo,
>                  Leandro Regueiro
> 

Responderlle a