2009/10/26 Frco. Javier Rial <dev.fjr...@gmail.com>

> Ola:
>
> Primeiro de todo, eu, como todos nesta rolda, non quero lios, eu coma todos
> quero software en galego, e creo que o que fixen nestes días é facer todo o
> posible por sacar adiante uns produtos, informando das situacións actuais de
> cada un deles.
>
> Permitídeme reenviar e responder aquí só, exclusivamente a esta rolda, onde
> me sinto máis a gusto, e paso
> de responder ao coordinador do proxecto, ao cal lle teño dada toda a
> información necesaria e máis, e do cal non obtiven
> unha soa resposta verificable sobre o traballo de localización/coordinación
> dos proxectos
>
> Ahh.. non acostumo a escribir este tipo de correos tan grandes, pero víame
> na necesidade.
>
> -> 2009/10/23 Suso Baleato <suso.bale...@gmail.com>
>
>> > A ver.. se o conto é que teñamos os produtos de Mozilla en galego..
>> > O que quero dicir é que a partir de agora o meu traballo nestes
>> proxectos,
>> > evidentemente será como colaborador voluntario, aparte de que Mancomún
>> siga
>> > ou non colaborando segundo os casos e para o cumprimento dos obxectivos
>> > previstos. Até o de agora foi como traballador do CESGA para Mancomún.
>> >
>>
> Estupendo saber que tí continuarás como voluntario. Unha mágoa que nos
>> confirmes que o CESGA queda desvencellado da tradución de Mozilla, aínda
>> que
>> xa supoño que non pilla por sorpresa a ninguén, vistos os acontecementos
>> era
>> algo de esperar.
>>
>
>
> Creo que quedou moi claro pola miña información, que o CESGA/Mancomún pode
> seguir e igual segue vinculado neses proxectos.
> O poñía moi claro no meu mail anterior, quen se desvinculaba era eu, só eu.
>
>
>  > O que comento da chave é que se nun futuro eu fago envío aos
>> repositorios,
>> > sairá a miña conta do CESGA, e que eu preferiría que saira esta conta
>> > persoal, pero iso implicaría un tempo (cambio da chave SSH, etc..) de
>> espera
>> > que nestes momentos non creo que sexa conveniente.
>> >
>>
>> Compre usar as contas correctas nos servizos apropriados. De feito foi esa
>> unha das cousas que ocuparon o meu tempo nestes días. Mirarei ese tema e
>> xa te aviso, aínda que entendo que coincido en que non ten presa.
>>
>
> Eu teño unha chave SSH coa que poder facer envíos das traducións.. e como
> podedes ver,
> http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.1/gl/log/
> http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.2/gl/log
> desde hai máis de 6 meses son o único facendo as traducións destes
> produtos. Entendo polo
> correo de suso, que non quere que siga enviándoas con esa chave.. Non
> seguirei enviándoas.
> Sobre este tema, teredes máis novas en breve.
>
>  >  Apúntome mirar o tema do hg e das roldas que comentas.
>> > >
>> >
>> > O correo que tes que enviar ao grupo dev@l10n de mozilla para facer o
>> OPT-IN
>> > para o thunderbird 3, é o seguinte:
>> >     Galician (gl) wants to opt-in with changeset:
>> >
>> http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.1/gl/rev/bd79312d75c1
>> >
>> > Esa é a última ligazón do repositorio de Mozilla
>> >
>>
>> En realidade esto xa o falei co responsabel do Thunderbird, e o problema
>> do
>> opt-in está resolto dende onte, podes despreocuparte diso. Como xa dixen
>> nun
>> correo anterior, farei o opt-in unha vez valide a tradución que é o que me
>> toca facer. Non se trata dun problema de confianza senón de facer viabel o
>> procedemento.
>>
>
> O tema do Opt-in eu non o vexo resolto do xeito habitual, coa mensaxe no
> fío correspondente:
>
> http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/d41badeca8af6cce?lnk=raot#d41badeca8af6cce
>
> Igual o falou persoalmente co desenvolvedor do proxecto.. non o sei.. pero
> desde logo usando as canles
> de comunicación que viñemos usando nos últimos meses, non..  non me parece
> este tema.
>
> Igualmente os bugs aos que facía mención seguen abertos:
> http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl
>
> Eu xa me ofrecín a colaborar con Suso, mais non teño resposta del a esas
> cuestións
>
> Os bugs son a groso modo e de explicación:
> -Main.lang é un ficheiro básico para as webs de mozilla. Actualmente nos
> faltan sete cadeas por traducir nese ficheiro para que a web do firefox
> seguinte se vexa en galego.. non sei ata que punto é crítico este ficheiro e
> se pode bloquear unha release.
> -Os outros dous bugs, son para que se traduzan as páxinas web de
> Thunderbird 3 e Fennec. Eu aí non podo facer nada xa que o único que ten
> acceso aos repositorios das páxinas web é Suso.
>
> E por último. as traducións continúan acumulando cadeas.. en moi poucos
> días creo que fechaba o prazo do firefox 3.6. . e agora mesmo temos cadeas
> sen traducir.. o que implica que non sairía en galego
> http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl
>
> Pois iso, para que quede constancia.
>

Grazas polas puntualizacións, quen máis quen menos, xa entendiamos que así
era, pero así temolo ainda máis claro :)

Algúns xa nos fixemos a idea de que imos perder o tren nalgunha versión e de
que teremos que nalgún momento recomezar, só agardo que de aquí a "loura"
non abandones a túa capacidade de (bon) traballo e que chegado o momento,
coa túa axuda, non sexa moi dificultoso retomar o proxecto.


>
> Saúdos
> Javier Rial
>
>
>
>


-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a