2009/10/28 damufo <dam...@gmail.com>

> Boas
>
> Xosé escribiu:
>
>  Hai moitos anos traducín a especificación HTML 4.01 (
>> http://www.w3.org/MarkUp/html4-updates/translations#Galician)
>>
>> que, evidentemente, hoxe en día está desfasada. Daquela traducira
>> <blockquote> como "citación longa" e <Q> como "citación curta" (debera ser
>> "cita").
>>
>> Só como referencia.
>>
>>  Estupendo, vexo de o de longa foi acertado, daquela a pregunta sería:
>

Creo que te quedaches sen leer algo que citou Pico
<cita>
 Non teño eu claro que a diferencia entre <q> e <blockquote> sexa a *
extensión* do contido, senon máis ben o *tipo* de contido que encerran.
</cita>

No que eu entendo non é nin corta nin longa, nin todo o contrario. :)

Creo que sería máis ben "cita" ou "bloque" que a súa vez "bloque" pode
conter cita(s)

Que é mellor empregar cita ou citación?
> Algunha suxestión?
>
>
>  Xosé
>>
>> O Martes, 27 de Outubro de 2009 20:58:59 Adrián Chaves Fernández escribiu:
>>
>>> Boas:
>>>>
>>>> Leandro Regueiro escribiu:
>>>>
>>>>> On Tue, Oct 27, 2009 at 8:25 PM, damufo <dam...@gmail.com> wrote:
>>>>>
>>>>>> Como traduciriades blockquote?
>>>>>> bloque de cita?
>>>>>> cita?
>>>>>>
>>>>>> Mirei bloque e non sei se realmente bloque serve
>>>>>> http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=9894&opci
>>>>>> on =entrada
>>>>>>
>>>>>> O texto refirese a un engadido wisiwig para o joomla. Penso que o que
>>>>>> fai internamente é por as etiquetas <bockquote>...</bockquote> ao
>>>>>> texto seleccionado.
>>>>>>
>>>>>> Insert blockquote tags around the highlighted text.
>>>>>>
>>>>> Se a dúbida é nesta frase soa non hai problema: "Insire etiquetas
>>>>> blockquote arredor do texto realzado" xa que blockquote é unha
>>>>> etiqueta de HTML
>>>>>
>>>> si e non.
>>>> Se estamos ante un editor (modificador) wisiwig é porque o usuario non
>>>> ten, nin quere, saber que é unha etiqueta blockquote polo que neste caso
>>>> entendo que hai que dicirlle que é o que fan ou que son ditas etiquetas.
>>>>
>>>> exemplos:
>>>> engadir parágrafo: engadiría as etiquetas <p></p>
>>>> engadir grosa <strong></strong>
>>>> ...
>>>> engadir cita? <blockquote></blockquote>??
>>>> tamén vin por aí cita longa ¿?
>>>>
>>>> "Insire etiquetas de cita longa arredor do texto realzado"??
>>>>
>>> http://gl.wikibooks.org/wiki/HTML/Formatar_texto#Citas
>>>
>>> No wikilibro acerca de HTML usei cita longa por darlle un nome en galego
>>>  (creo que me inspirei no castelán), pero se no contexto non resulta
>>>  evidente que unha cita longa vai entre as etiquetas <blockquote> e
>>>  </blockquote>, procura que quede claro na propia cadea dentro do
>>> posible.
>>>  En todo caso, se ven o elemento en si pode chamarse sita longa (ao que
>>>  está entre as etiquetas), as etiquetas en si son etiquetas "blockquote".
>>>
>>>
>>
>>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a