2009/10/29 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2009/10/29 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>> Vale, gústavos o de vínculo. Pero eu véxoo pouco "específico" para algúns
>>>> casos.
>>
>> Concordo. A ver se damos atopado algo mellor.
>
>>
>>>> Por exempñlo, nos casos que poñía máis arriba:
>>>>
>>>> "MySQL ten vínculos con PHP", eu non sabería de que me están a falar.
>>>> Os desenvolvedores dun e doutro son parentes?  amigos, se cadra?
>>>>
>>>> O tema é ese, non vexo como poñer en certas frase "vínculo" e que (me)
>>>> teña sentido, vaia.
>>>>
>>>> O outro día vin algo como "could not load python postgresql bindings"
>>>> .Nunha frase así penso que quedaría mellor ç"funcións" ou
>>>> "bibliotecas" que "vínculos". Por claridade, máis que nada.
>>>
>>> Preguntome eu, e desculpade a miña ignorancia, moitas veces os glosarios non
>>> acaen ben se non son algo así (ademáis) como diccionarios que permitan unha
>>> analise de contexto ou incluso do "sentido" da frase, e o caso que expon
>>> Castroagudín é un bo exemplo.
>>
>> O que ten que estar ben definido é en que contextos se pode usar a
>> tradución, e tes razón que moitos dos glosarios dos que dispoñemos non
>> teñen esta información.
>>
> Concordo. O problema deriva de que os termos en inglés tamén teñen
> acepcións, ámbitos nos que significan cousas distintas pero
> relacionadas.
>
> Pode ser que nestes casos onde o termo ten un sentido absolutamente
> particular nun contorno de desenvolvemento,  a mellor opción sexa non
> traducilo. Enténdase.
>
> Non traducilo non significa que non forme parte da terminoloxía do
> campo senón ao contrario. Hai que documentar, definindo, cal é o seu
> valor concreto nese ámbito e por qué, por exemplo, neste caso non
> chega con dicir que é un "vínculo"... porque é un termo especializado,
> particular, dunha ferramenta, dunha linguaxe. Argot, vamos.
>
> Póñovos un exemplo:
> car <> coche
> dragcar <> dragcar

Cada ámbito implica un concepto novo, por se o vedes máis claro.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a