Ola:
No noso centro o alumnado de Primaria traballa con firefox, openoffice e
demais software libre. O terceiro ciclo de Primaria traballa cun Moodle
adaptado para eles. O alumnado de secundaria publica na páxina web, que está
feita con Joomla. Os de Secundaria traballan con openSUSE para
familiarizarse con KDE e instala Ubuntu con GNOME para coñecer ese
escritorio. En áreas como Música ou Plástica emprégase Audacity, MusiScore,
Gimp e Inkscape. Todos os arrinques duais de todos os ordenadores funcionan,
é dicir, o openSUSE está totalmente operativo.
É dicir, hai centros onde hai sensibilidade polo tema. Pouco a pouco vanse
facendo cousas neste sentido. Isto é posible porque nos xuntamos un grupiño
de profesores e profesoras con certa inquedanza e que nos axudamos uns a
outros e facemos unha especie formación colaborativa entre nós. Porque da
administración educativa pouco podemos esperar, o 90% dos cursos de
formación están orientados a Windows ou teñen un cheire a Fiestras que
confunde...
Un saúdo

2009/10/31 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>

> > No que eu estudo tamén. Iso si. Xamais o usei, os profesores non están
> > preparados, so ensinan, cousas de MS e tamén falan de craquear, en
> > fin... E se formulas a posibilidade de empregar SwL dinche, que se
> > queres... pero que tamén tes que facelo cos produtos de MS, é dicir: "Se
> > es un pringao que queres traballar máis a cambio de nada, adiante. polo
> > que se a un non lle sobra o tempo non traballa dobre para non obter
> "nada".
> > Ahh! o openoffice está en Español, o firefox está en español...
>
> A lingua cámbiase cuns clicks. O que me preocupa é iso, que de nada serve
> un
> dual boot se o boot dos profesores só ten un SO.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a