2009/11/2 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> >>>> Iso pode levar moito tempo se é que nolo conceden. Sempre queda a
> >>>> posibilidade do servidor virtual, ou como se chame. O importante agora
> >>>> é: de onde sacamos as máquinas?
> >>>
> >>> Hai máquinas en Vigo
> >>
> >> A miña opinión ao respecto é que trasno teño o seu própio servidor
> físico
> >> e se non pode optaría por integar os servizos cos de outro colectivo
> (estou
> >> pensando nos glug que, se non me erro xa están a facer algo similar,
> >> unificar servizos) Aimda que esta segunda opción non me atrae tanto.
> >
> > Xa comentei na xuntanza que eu teño máquinas ao dispor da comunidade, de
> tal
> > xeito que se poden artellar dúas máquinas (espelladas) en dúas ubicación,
> > por exemplo unha en Vigo e outra en A Coruña ou en Santiago. Máquinas
> > "adicadas" a P.Trasno.
> >
> > A opción de compartir é algo que está en estudo. Neste momento o GLUG
> está a
> > empregar as máquinas de GALPon para algúns servizos.
> >
> > O que se está a estudar é a posibilidade de que a "federación", chegado o
> > momento (que no ha acontecer antes de 6-8 meses) poida dispor de
> > recursos/máquinas con 500, 600, os que sexa GB e que as asocs. e grupos
> > federados poidan utilizar esas máquinas/recursos, o que suporá un mellor
> > servizo e moito máis económico que a contratación dun servizo por cada
> ente
> > federado.
> >
> > Xa que as cousas hai que ilas facendo con tino, a federación ainda é un
> > proxecto, Trasno non ten cuartos, etc... A única solución viable e tratar
> de
> > aproveitar as máquinas que hai e conectalas onde temos (ou nos poidan
> > deixar) unha IP pública con boas condicións de velocidade (caso das
> > universidades).
>
> Vale. Hai máquina en Vigo. Sería factible traer algunha á Coruña cando
> confirmemos que temos onde poñela?
>

Fai favor de ler e non liarte.
Isto é o que escribín no meu correo perevio ao teu:
* Xa comentei na xuntanza que eu teño máquinas ao dispor da comunidade, de
tal xeito que se poden artellar dúas máquinas (espelladas) en dúas
ubicación, por exemplo unha en Vigo e outra en A Coruña ou en Santiago.
Máquinas "adicadas" a P.Trasno.*



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a