2009/11/6 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
> Hash: SHA1
>
> José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
>> 2009/11/6 Javier Pico <fjpa.fazo...@gmail.com>:
>>> 2009/11/6 damufo <dam...@gmail.com>
>>>> Boas:
>>>>
>>>> Leandro Regueiro escribiu:
>>>>> 2009/11/5 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>>>>> 2009/11/5 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>>>>> 2009/11/5 Fran Diéguez <lis...@mabishu.com>:
>>>>>>>> "texto simple"
>>>>>>>> +1
>>>>>>> Para que conste no rexistro. Sacado do glosario de Mancomún:
>>>>>>>
>>>>>>> "plaintext"#"texto plano"#"texto sen formato"#
>>>>>>> "plain text"#"texto plano"#"texto sen formato"#
>>>>>> +1 texto simple
>>>>> Vale, entón tocaralle a Antón actualizar o glosario de Mancomún.
>>>>>
>>>>>
>>>> Nota: o openoffice emprega "Texto sen formato", pode verse na indo ao
>>>> menú: Editar|Pegado especial
>>>>
>>>> "Texto simple" pode ser unha boa opción aínda que penso que máis claro é
>>>> sen formato, ou non? porque que se entende por formato? un "texto en html" 
>>>> é
>>>> texto sen formato? refirome a <p>isto é un parágrafo</p> ou mesmo as
>>>> tabulacións que si deixa ao pegar (ou colar, non sei en que quedou a
>>>> cousa)... polo que formato eu entendo que si ten.
>>> Eu entendo "plain text" como un arquivo que non contén marcas de formato
>>> pero a nivel binario.
>>>
>>> Un documento html non deixa de ser texto plano, pois as marcas de formato
>>> que inclue son perfectamente visibles nun editor simple [non deixan de ser
>>> texto] e non dependen dunha aplicación específica para a súa
>>> creación/modificación.
>>
>> Non o teño nada claro. Eu diría que html (e xml) non son "plain text".
>> Por poñer un exemplo, os "mimetypes" do servidor Apache creo recordar
>> que diferenciaban "text/plain" de "text/html" e, así de memoria
>> "application/xml" (xa digo, falo de memoria, e non me apetece abrir
>> unha consola para ir mirar, jejeje)...
>>
>> Igual temos que andar con moito coidado, porque as diferenciacións
>> poden ser máis sutís que "pódese abrir nun editor de texto ou non"...
>>
>> E, si considerásemos que un html é "texto plano", pouco faltaría para
>> dicir que un .odt tamén o é... pois é pouco máis ca un xml (creo
>> recordar, de novo, jejeje)
>
> Bo apuntamento JMCS!!
>
> certamente o html e xml é texto formatado e á vez texto simple (xa que
> non está compilado ou está en linguaxe máquina). Coito que é bo cambiar
> a perspectiva e empregar "texto sen formato"

Alguén ten máis argumentos ou ideas? Senón voto +1 por "texto sen formato"...

Responderlle a