Son dúas cuestións nunha

1- Nomes de calendarios de orixe non gregoriana, como o chinés
2- Nomes de calendarios noutro idioma

Para o 2 caso, eu mantería a convención dese idioma (en moitos casos
nin sabemos se o uso de maiúsculas ou non responde a criterios
ortográficos ou gramaticais)

Para o 1 eu poríaos con minúscula porque entendo que por moi exóticos
que sexan as denominacións fan referencia a nomes comúns como os
substantivos do calendario gregoriano, igual ca os nomes de estacións.
Iso si poñeríaos entre comiñas ou en cursiva.

O uso distintivo de maiúsculas/minúsculas é algo moi particular da
ortografía romance; outros idiomas e outras culturas manexan criterios
alfabéticos moi distintos que son irreproducíbeis coas maiúsculas.

En resumo. No caso 1 eu utilizaría maiúsculas e minúsculas conforme a
nosa convención, porque a palabra utilizada ten que ser unha
transliteración a alfabeto latino. Seguimos as "nosas regras latinas".
No caso 2, manter o uso orixinal coma no inglés ou no alemán.






2009/11/11, marce <mvillar...@gmail.com>:
> A ver, os nomes dos meses non se poñen en maiúsculas como regra xeral, polo
> menos os dos meses do calendario ao que estamos afeitos (o gregoriano,
> iirc).
>
> E para nomes de meses de outros sistemas de calendario?
>

Responderlle a