Como comentas entendo que tedes que apoiar todas as universidades, pero iso
non quita de apoiar unha en concreto, ata onde teño entendido o traballo e
forma de actuar de cada unha das OSL foi moi dispar.

Apoiar este manifesto non quita apoiar outros manifestos noutras
universidades, o que se pode facer é informar desta proposta as outras OSL,
tendo a presura que hai que estamos a mediados de novembro e os orzamentos
da UDC serán aprobados pronto.

Se lle ofrece a Trasno formar parte porque cremos que lle é interesante e
porque forma parte da historia da Faculta de Informática da Coruña. Ainda
que non esteades constituidos de forma legal non quita de que non existades
e sexades outro colectivo máis.

Eu persoalmente creo que é un acerto apoialo e arrimar ombro en todo o que
teña que ver co software libre, a localización e a normalización da lingua.




------------------------------------------
Pablo Belay Fernández
www.belay.es/




2009/11/12 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>

>
>
> 2009/11/12 Pablo Belay Fernández <pbe...@gmail.com>
>
> Boas,
>> son novo na lista de correo, son Pablo Belay estudante de ETIX na Coruña.
>>
>> Póñome en contacto con vos para informaros que estamos a realizar dende os
>> Comités (CAF) e o GPUL un manifesto sobre o peche da OSL da Coruña, que
>> adxunto. Queriamos saber se ides apoiar a iniciativa e se tedes algunha
>> aportación ao texto.
>>
>> Saúdos.
>>
>
> A título persoal, entendo que esta debe ser unha iniciativa dentro da USC,
> xa que nos, como proxecto teremos/deberemos (que) apoiar a todas as
> Universidades e non a unha en concreto.
>
> Creo que cada quen, a título individual debería apoiar esta iniciativa,
> aínda así non vexo que o Proxecto Trasno sexa quen de participar entanto non
> estea oficialmente constituído e se decida (se así fose) en xunta. Chegado
> ese momento serei o primeiro en propor ese apoio.
>
>
>> ------------------------------------------
>> Pablo Belay Fernández
>> www.belay.es/
>>
>>
>>
>>
>
>
> --
> Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
> .ppt, .pptx
>
> Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
> (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/
>
> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
> galpon_min...@conf.jabberes.org
>

Responderlle a