Ola,

Grazas pola benvida. Mandei unha mensaxe a d...@subversion.tigris.org
avisando de que quería comezar a tradución, por se hai alguén por aí
que xa se puxo. Polo momento estou revisando as cadeas para ver
dúbidas terminolóxicas e facer un pequeno glosario sobre léxico
relativo a control de versións. De paso xa miro as traducións de git,
os termos de anjuta que se aplican ao caso e similares.

En canto teña a lista mándoa e xa diredes.

2009/11/16 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
> Hash: SHA1
>
> Ben,
>
> logo de indagar durante 5 minutos coido que o mellor lugar para traducir
> o subversion é dende o repositorio polo que tes que descargalo dende o
> lugar oficial. Como xa che coñezo en persoa e coido que a nivel
> desenvolvemento tes moita máis experiencia que min che digo os pasos e
> se tes calquera dúbida xa sabes onde estou.
>
> Descargas código fonte:
> svn checkout http://svn.collab.net/repos/svn/trunk/ \ subversion-repository
>
> e logo te miras o ficheiro subversion-repository/www/translating.html
>
> Como se van xerar ficheiros .po podes traducilos en GNU/Linux con
> gtranslator, poedit ou lokalize segundo prefiras. En outros sistemas
> operantes tes poedit.
>
> Eu teño experiencia de tradución do complemento de NetBeans para Git, a
> interface gráfica Cola para Git e o gittk para o mesmo e teño xa un
> pequeno glosario terminolóxico que poderías utilizar para a tradución do
> Subversion. A ligazón ao glosario é
>
> http://wiki.netbeans.org/GalicianTranslationGlossary
>
> Reitero se tes calquera dúbida esta rolda é a idónea xa que estamos
> moitos tradutores por aquí.
>
> Logo para rematar a tradución o mellor é colgar un ticket no sistema de
> control de tickets de subversion explicando no informe de erros que é
> unha tradución e anexando o pofile. Con sorte en poucos días méteno no
> repositorio. Logo fala comigo para remitilo a debian e consecuentemente
> a Ubuntu.
>
> Nos vindeiros días haberá sorpresiñas polo que estade atentos ás vosas
> pantallas.
>
> Agardo serche de axuda Mr. Rubal.
> Saúdos
>
> - --
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com         -     lis...@mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
>
> -----BEGIN PGP SIGNATURE-----
> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/
>
> iEYEARECAAYFAksBde4ACgkQmLtmJqKk+bjJLQCfS3YDGQf8e6AwX1YMFi9kWdeY
> eb0Ani+gph2Cm8zrjr+BiZVzAu+2nZ7D
> =lzM8
> -----END PGP SIGNATURE-----
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a