Moi boas de novo. :) Acábaseme o tempo e non podo agardar máis a ver
se me asigna alguén unha tarefa, este martes teño que entregar o
anteproxecto e é mellor que inclúa algo máis concreto, é dicir: o
software que vou traducir.

   Así que o que se me ocorreu é a ver se valería que traducise algún
destes dous programas (moitas grazas, Miguel, pola ligazón do listado): 

   - http://translationproject.org/domain/exif.html

   - http://translationproject.org/domain/freedink.html

   En todo caso estou aberto a calquera suxerencia sempre que sexa algo
máis ou menos sinxelo e reducido que poida usar para o meu proxecto
(porque estou moi limitado en canto a tempo de entrega), como xa teño
dito, aínda que máis adiante espero poder facer algo máis
"substancioso"; por certo, está traducido xa o MKV Toolnix?, é un
programa que me gustaría moito traducir, o malo é que me parece que é un
pouco complicado...

   Ademais a pesar de que estiven lendo as páxinas de axuda (as guías,
por exemplo) da páxina do Proxecto Trasno (e a maioría dos recursos de
tradución, moi interesantes, por certo; é unha virguería poder consultar
as normas do ILG en liña) aínda non teño totalmente claro o proceso, é
dicir: como os dous programas de arriba non están nun grupo de tradución
o que teño que facer para comezar é botarlle un ollo á súa páxina e
descargar o código fonte, non si?

   E outra cousa: o Gettext e o resto de programas valen para Ubuntu?
(Hardy Heron), é a distribución que utilizo.

   Perdón por ser tan pesado e felices festas para todo o mundo! :)



   Postdata: algunha xente que foi á Kutruparty comentoume que fora moi
interesante a aportación da xente do Proxecto Trasno; deume pena non
poder asistir, pero non perdería as clases ou de estudar por nada do
mundo; sacarme o título de informática é realmente importante para min,
xa que como xa teño comentado como filólogo son un "asquiño", jajaja

  Postdata 2: xa case se me esquecía: estiven facendo para as clases de
HTML e CSS unha páxina web que consiste nun portal de recursos de
tradución organizados (para telos todos a man e para que o proxecto
quede máis "traballado"), o contido non ten moito mérito porque case
todos os mirei na sección de recursos, pero o deseño eu creo que é
bastante chulo, en tonalidades brancas e azuis (e algo de vermello para
contrastar) cun estilo sobrio pero elegante e desenfadado, se alguén lle
quere botar unha ollada para algo que mo diga e lla envío por correo,
por se lle serve para algo ou simplemente por curiosidase. En todo caso
non está rematada de todo, non puxen todos os recursos que debería ter,
pero só sería engadir un par de cousiñas, o que é a estrutura está
completa. Mimá, xa me liei a "parrafear" outra vez... perdón e Bo
Nadal! :)

   

Responderlle a