2009/12/20 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>:
> Boas,
>
> como vexo que andas apurado, vou tratar de botarche unha man. Vaia por
> diante que non son un "experto", así que aínda que creo que o que che
> vou contar é así, quizais che conveña contrastalo e verificalo. Ben,
> agora que dixen isto, queda tranquilo. Só era un 'disclaimer', por se
> acaso, jeje.
>
> 2009/12/20 Ulfe <ulfe1...@secretarias.com>:
>>
>>   Moi boas de novo. :) Acábaseme o tempo e non podo agardar máis a ver
>> se me asigna alguén unha tarefa, este martes teño que entregar o
>> anteproxecto e é mellor que inclúa algo máis concreto, é dicir: o
>> software que vou traducir.
>>
>>   Así que o que se me ocorreu é a ver se valería que traducise algún
>> destes dous programas (moitas grazas, Miguel, pola ligazón do listado):
>>
>>   - http://translationproject.org/domain/exif.html
>>
>>   - http://translationproject.org/domain/freedink.html
>>
>
> Nestas dúas páxinas hai unha ligazón (atópala onde di " The current
> template for this domain is...") ao ficheiro que hai que traducir
> ("programa-version.pot"). Para os seguintes pasos, póñoche como
> exemplo o exif:
>
> A forma "curta" de facer isto sería coller o ficheiro
> http://translationproject.org/POT-files/exif-0.6.18.pot , e cun
> editor, por exemplo, o poedit, traducir cada unha das cadeas. E cando
> remates, mandarllo ao responsable do proxecto.

Cagonodemo... fun un pouco rápido de máis. O que hai que facer é
descargar o .pot e facer algo como:

msginit -i exif-0.6.18.pot  -o exif-0.6.18-gl.po -l gl

que crea un ficheiro exif-0.6.18-gl.po que será o que teñas que
traducir. ("poedit exif-0.6.18-gl.po")

Perdoa por ir tan rápido antes....

>
> Neste caso, e sen buscar moito, que agora non teño moito tempo, non
> teño claro quen é o responsable, pero mirando en sourceforge, parece
> que este fulano: http://sourceforge.net/users/dfandrich é un dos
> commiters máis activos, así que antes de comezar, eu mandaríalle un
> correo dicíndolle "i am planning to translate exif to Galician, a
> language spoken on the NW of Spain, and I am not sure who is the
> person in charge of translations... Could you give me some info on who
> should I contact or send the translation to?". Ou algo así. Xa el che
> contará, se hai sorte, jejeje. Non din atopado o seu correo, pero
> podes usar este formulario:
> https://sourceforge.net/sendmessage.php?touser=236775 (se tes un
> usuario en sourceforge, iso si)
>
> Por outra parte, no ficheiro AUTHORS do código fonte só aparece un tal
> "Lutz Müller <l...@users.sourceforge.net>", así que tamén poderías
> falar con este...
>
> A forma "longa" (ao ser por un tema académico, igual gañas puntos
> facéndoo así), sería descargar o código e facer todo o traballo de
> tradución, compilar o programa, probalo, etc, etc. Póñoche os pasos,
> así resumidos, que igual che axuda:
>
> - descargar o código:
> wget 
> http://downloads.sourceforge.net/project/libexif/exif/0.6.18/exif-0.6.18.tar.bz2
> - Descomprimir:
> tar xjf exif-0.6.18.tar.bz2
> - meterte no directorio creado ao descomprimir:
> cd exif-0.6.18/
> - botar un ollo a ver onde están os ficheiros das traducións (neste
> caso, o directorio "po")
> - Meterte no directorio "po" (cd po)
> - (empeza a chicha) Crear o ficheiro gl.po a partir do template (pot):
>  msginit -i exif.pot -o gl.po -l gl
>
> Esta orde crea o ficheiro gl.po, preguntándoche un par de detalles,
> coma o teu correo electrónico. Escribe "man msginit para ver o que
> significan os parámetros que lle pasei. Xa digo que ando sen tempo,
> jeje...
>
> -Despois xa podes comezar a traducir:
> poedit gl.po
>
> Cando xa estea traducido, podes compilar e probar que todo estea como pensas:
> cd .. (para saír de "po")
> less INSTALL (para ver as instrucións e tal e cual)
> ./configure; make; sudo make install
>
> Moi probablemente teñas que instalar moreas de cousas para compilar
> isto. Non me vou meter con ese rollo agora, se precisas axuda máis
> adiante, pídea, e intentarei axudarche no que poida. Ademais, terás
> que engadir, no ficheiro "po/Makefile", nas liñas que empezan por
> "POFILES", "GMOFILES" e "UPDATEPOFILES",  o correspondente para o
> galego: gl.po, gl.gmo e gl.po-update, respectivamente. Se non o fas, o
> de "./configure; make; sudo make install" non compilará o idioma
> galego, e non o instalará. Estou a escribir isto sen probalo, que me
> faltan algunhas bibliotecas para poder facelo, así que, xa sabes, se
> máis adiante te atrancas, pregunta e listo. Igual hai que facer máis
> cambios nos Makefiles, ou igual non hai que facer todos estes, así que
> non te preocupes por agora. Vai facendo ata o de traducir o gl.po.
>
> Se todo foi ben, ao final debería haber, en
> /usr/local/share/locale/gl/LC_MESSAGES/, un ficheiro que probablemente
> se chame "exif.mo", e executando nun terminal "LANG=gl; exif", o
> programa fará o que sexa que teña que facer, pero mostrando as
> mensaxes en galego.
>
> Ben, claro, aínda que fagas todo isto, non esquezas enviarlle a
> tradución ao responsable, igual que antes.
>
> "Fin".
>
>
>
>>   En todo caso estou aberto a calquera suxerencia sempre que sexa algo
>> máis ou menos sinxelo e reducido que poida usar para o meu proxecto
>> (porque estou moi limitado en canto a tempo de entrega), como xa teño
>> dito, aínda que máis adiante espero poder facer algo máis
>> "substancioso"; por certo, está traducido xa o MKV Toolnix?, é un
>> programa que me gustaría moito traducir, o malo é que me parece que é un
>> pouco complicado...
>
> Instaleino no meu ordenador (debian sid), e non parece que estea en
> galego. Se ninguén máis di nada, todo para ti, jeje
>
>>
>>   Ademais a pesar de que estiven lendo as páxinas de axuda (as guías,
>> por exemplo) da páxina do Proxecto Trasno (e a maioría dos recursos de
>> tradución, moi interesantes, por certo; é unha virguería poder consultar
>> as normas do ILG en liña) aínda non teño totalmente claro o proceso, é
>> dicir: como os dous programas de arriba non están nun grupo de tradución
>> o que teño que facer para comezar é botarlle un ollo á súa páxina e
>> descargar o código fonte, non si?
>
> Epa, contesteiche xa máis arriba. Si, unha das formas é esa,
> descargalo e ver como vai por dentro. Aínda que máis fácil sería
> baixar só o ".pot".
>
>
>>
>>   E outra cousa: o Gettext e o resto de programas valen para Ubuntu?
>> (Hardy Heron), é a distribución que utilizo.
>>
>
> Si, supoño que sen problema:
>
> sudo apt-get install gettext poedit
>
> e tirar para adiante. Se non che gusta o poedit, calquera outro:
> gtranslator, kbabel, virtaal, lokalize... Algúns destes igual non
> están nas últimas versións en Hardy Heron, así que igual non terás
> todas as súas caracterísicas dispoñibles...
>
> Para compilar e probar, necesitarás máis trangallada:
> sudo apt-get install build-essential
>
> (ese, polo menos. Quizais algún máis)
>
>>   Perdón por ser tan pesado e felices festas para todo o mundo! :)
>
> Igualmente, ho. E sorte co traballo este! E xa sabes, calquera dúbida,
> atranco, cousa rara que che pase: pregunta. Xa veremos de botar unha
> man como poidamos.
>
>>
>>
>>
>>   Postdata: algunha xente que foi á Kutruparty comentoume que fora moi
>> interesante a aportación da xente do Proxecto Trasno; deume pena non
>> poder asistir, pero non perdería as clases ou de estudar por nada do
>> mundo; sacarme o título de informática é realmente importante para min,
>> xa que como xa teño comentado como filólogo son un "asquiño", jajaja
>>
>>  Postdata 2: xa case se me esquecía: estiven facendo para as clases de
>> HTML e CSS unha páxina web que consiste nun portal de recursos de
>> tradución organizados (para telos todos a man e para que o proxecto
>> quede máis "traballado"), o contido non ten moito mérito porque case
>> todos os mirei na sección de recursos, pero o deseño eu creo que é
>> bastante chulo, en tonalidades brancas e azuis (e algo de vermello para
>> contrastar) cun estilo sobrio pero elegante e desenfadado, se alguén lle
>> quere botar unha ollada para algo que mo diga e lla envío por correo,
>> por se lle serve para algo ou simplemente por curiosidase. En todo caso
>> non está rematada de todo, non puxen todos os recursos que debería ter,
>> pero só sería engadir un par de cousiñas, o que é a estrutura está
>> completa. Mimá, xa me liei a "parrafear" outra vez... perdón e Bo
>> Nadal! :)
>>
>
> Nota para todos: igual nun futuro podiamos pensar en poñer a
> disposición dos socios/xente de trasno un espazo web para as súas
> cousas (algo como http://trasno.net/~usuario, xa sabedes)...
>
>>
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>>
>
>
>
> --
> Saúde,
>
> Chaves - http://chav.es
>



-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a