Teño dúbidas sobre como se vai facer co das traducións:

Van traducir as OSL (polo menos dúas delas), vai traducir Trasno (como
sempre fixo e seguira facendo bastante tempo), van traducir os de
G11n/Ciberirmandade, pero como nos imos coordinar todos?

Vai haber traducións pagadas pola Xunta tamén (Imaxin, etc.)?

Ten a Xunta algún interese en continuar apoiando a tradución de, por
exemplo, o OpenOffice.org dun xeito especial (traducindo/mantendo a
tradución alguén da Xunta, ou contratando a tradución a empresa
externa)?

Ten a Xunta interese en pagar a revisión das traducións?

Vai a Xunta facilitarnos o acceso a certos recursos (Termigal, etc.)?

Vai ter a Xunta algún organismo que tamén traduza como se facía antes
dende Mancomún para manter as traducións feitas por empresas?

Tamén hai/había tradutores por libre e traducións feitas por empresas
de forma desinteresada, como se van coordinar tamén co resto?

Como vai axudar a Xunta na difusión do software libre en galego
(instalar SL nas escolas e formar a profesores para que llo aprendan
aos alumnos, impulsar o uso do SL en galego nas empresas e na
Xunta/concellos, p.ex.)?


Quizais algunhas das cuestións estean repetidas/solapadas. Estou
seguro de ter esquecido algo importante...

Responderlle a