> Teño dúbidas sobre como se vai facer co das traducións:
>
> Van traducir as OSL (polo menos dúas delas), vai traducir Trasno (como
> sempre fixo e seguira facendo bastante tempo), van traducir os de
> G11n/Ciberirmandade, pero como nos imos coordinar todos?
>
> Vai haber traducións pagadas pola Xunta tamén (Imaxin, etc.)?
>
> Ten a Xunta algún interese en continuar apoiando a tradución de, por
> exemplo, o OpenOffice.org dun xeito especial (traducindo/mantendo a
> tradución alguén da Xunta, ou contratando a tradución a empresa
> externa)?
>
> Ten a Xunta interese en pagar a revisión das traducións?
>
> Vai a Xunta facilitarnos o acceso a certos recursos (Termigal, etc.)?
>
> Vai ter a Xunta algún organismo que tamén traduza como se facía antes
> dende Mancomún para manter as traducións feitas por empresas?
>
> Tamén hai/había tradutores por libre e traducións feitas por empresas
> de forma desinteresada, como se van coordinar tamén co resto?
>
> Como vai axudar a Xunta na difusión do software libre en galego
> (instalar SL nas escolas e formar a profesores para que llo aprendan
> aos alumnos, impulsar o uso do SL en galego nas empresas e na
> Xunta/concellos, p.ex.)?
>
>
> Quizais algunhas das cuestións estean repetidas/solapadas. Estou
> seguro de ter esquecido algo importante...

Acabo de ver a última mensaxe de Carlos Rodriguez e resulta que é só
para propostas, non para dúbidas. Non sei que propostas lle podemos
lanzar, quitando o de que non estaría mal ter alguén que poida axudar
ca terminoloxía e a revisar as traducións. Agora estou algo espeso e
non se me ocorre nada máis.

Responderlle a