2010/2/4 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>>> Van traducir as OSL (polo menos dúas delas), vai traducir Trasno (como
>>> sempre fixo e seguira facendo bastante tempo), van traducir os de
>>> G11n/Ciberirmandade, pero como nos imos coordinar todos?
>>>
>>> Vai haber traducións pagadas pola Xunta tamén (Imaxin, etc.)?
>>>
>>> Ten a Xunta algún interese en continuar apoiando a tradución de, por
>>> exemplo, o OpenOffice.org dun xeito especial (traducindo/mantendo a
>>> tradución alguén da Xunta, ou contratando a tradución a empresa
>>> externa)?
>>>
>>> Ten a Xunta interese en pagar a revisión das traducións?
>>>
>>> Vai a Xunta facilitarnos o acceso a certos recursos (Termigal, etc.)?
>>>
>>> Vai ter a Xunta algún organismo que tamén traduza como se facía antes
>>> dende Mancomún para manter as traducións feitas por empresas?
>>>
>>> Tamén hai/había tradutores por libre e traducións feitas por empresas
>>> de forma desinteresada, como se van coordinar tamén co resto?
>>>
>>> Como vai axudar a Xunta na difusión do software libre en galego
>>> (instalar SL nas escolas e formar a profesores para que llo aprendan
>>> aos alumnos, impulsar o uso do SL en galego nas empresas e na
>>> Xunta/concellos, p.ex.)?
>>>
>>>
>>> Quizais algunhas das cuestións estean repetidas/solapadas. Estou
>>> seguro de ter esquecido algo importante...
>>
>> Acabo de ver a última mensaxe de Carlos Rodriguez e resulta que é só
>> para propostas,
>
> Eu penso que se a Xunta vai seguir a ter interese en ter traducións ao
> galego, ese interese ha pasar por telas pagas; podemos sinalar que un
> xeito de facer isto máis barato, ou de que polo mesmo prezo de obteña
> máis resultado final é que os criterios que se empreguen polas
> contratas que fagan sexan os mesmos que vimos empregando nos, ou polo
> menos que non fagan aberracións como voltar trocar
> fiestra/xanela/ventá, plugin/extensión/complemento, ou
> separador/lingueta/lapela/ficha.
> Claro, axudaría ter ese sistema terminoloxico operativo e público,
> para ver que hai algo sólido detrás, no que apoiarnos.

Certo.

Responderlle a