Acabo de enviar esta mensaxe á rolda de coordinación de openOffice.org

===

Ola a todos,

Por fin hoxe tiven un ratiño para probar a versión 3.2. Houbo moito
movemento e xa estamos na RC5.
De momento só fixen unha instalación en windows XP por ser a máis
transcendente para os usuarios. Todo parece ir ben. Polo menos o proceso de
instalación é perfecto e parecen terse solucionado os problemas de tardanza
no arranque que foron informados na lista de control de calidade.

Nas miñas últimas comprobacións na etapa de compilación de binarios,
fallábame a busca na axuda. Agora xa non.
A axuda en xeral mellorou unha barbaridade pero aínda lle queda. O texto en
inglés que falta aparece por todas partes como se fose a graxa no xamón
:-).

Saúdos,

Antón

Responderlle a