Ostras damufo!

caralludo o PDF!

On 05/02/10 03:45, damufo wrote:
Boas:
Aquí van uns cantos termos relacionados coa meteoroloxía.
Que alguén confirme que chegou (coméntoo polo anexo).

En 2010/02/04 15:52, Leandro Regueiro escribiu:
- cae auga e hai vento e aparato eléctrico : treboada (non toda
treboada
ten raios)
- cae pedrazo e vento: sarabiada

hailstorm = sarabiada = granizada
small hailstorm = pequena sarabiada

O resto son variantes: pedrada, sarabieira, pedrazo, salpedrés,
escarabana, salabreada, etc...


Ousexa que o de miña zona "Xaraiba" é incorrecto? Digoo porque así
fixoo e
xa o lembro.

Na miña zona dise "sarabia" ou "saraiba" dependendo de a quen lle
preguntes. Lembro que lle chamaban tamén doutro xeito, pero non está
entre todo o que lin neste fío. O de "pedrazo" úsano moito na TVG se
mal non lembro...

En gnome está o ficheiro libgweather que ten unha morea de vogablos
terminolóxicos semellantes a estes e que me gustaría que alguén o
collese
para ver se é normativo ou só localismos.

A ver, cando remate cos exames tiña pensado facer unha lista ca
terminoloxía de meteoroloxía de KDE, GNOME e XFCE, e fixar todo iso
máis ou menos porque en XFCE a terceira parte do que queda por
completar é meteoroloxía. Así que podedes ir comezando, pero eu ata
mediados de mes non teño tempo (ganas si).


Responderlle a