> Ola, son Ignacio Agulló, tradutor ao galego de AWStats e SquirrelMail.
> Quería contactar coa xente de Trasno, pero como no sitio web non hai ningún
> enderezo de correo electrónico, non me quedou máis remedio que publicar
> nesta lista de correo.

Polo de agora é o único xeito de contactar. Tampouco está mal xa que
así de paso avisaches a moita xente do que estás traducindo e agora a
xente sabe de ti. Se precisas axuda só tes que pedila aquí.

> Estiven traballando nun documento que recolle as miñas experiencias con
> informática multilingüe en centros de traballo de Galicia.  Chámase
> "Sistemas informáticos multilingües con galego e español", está en galego,
> e o licenzo baixo licenza Creative Commons NC-BY-SA.  O estudo está
> dispoñible en formato PDF, e mide 10 Megaoctetos.  Agora soamente falta o
> derradeiro paso: publicalo para darlle toda a visibilidade posible.  Espero
> que o tema sexa do voso interese.  Contactade comigo no enderezo de correo
> agu...@ati.es.

Por que escolliches NC?

> P.S. Mirei na páxina de ligazóns do sitio web de proxecto trasno, e a
> ligazón de "Galicia 21" leva a un sitio baleiro, un "placeholder".
> Investigando en Google atopei sitios web de Galicia 21, pero un sen
> actualizar dende 2006 e outro dende 2002.

Dirás Galego21. Si, temos moitas cousas que corrixir na web, pero o
certo é que temos varias outras cousas con tanta ou máis prioridade
que iso.

Responderlle a