> > Existe algunha forma de que a data leve o mes escrito con letra pero en
> > minúsculas?
>
> Esta pergunta está relacionada cunha que fixen e kde-i18n-doc o 30 de
> xuño de 2008 a raíz dunha consulta de xosé.
> 
> Di exactamente que é o que ques facer, e verei de consultalo con
> alguén, ou de enviar un informe de erro a nokia.

Non creo que exceda das competencias da internacionalización/localización de 
KDE. Simplemente, ao formatar a data en KDE, «MES» substitúese polo mes con 
maiúscula inicial («Febreiro»), non en minúscula como debera («febreiro»). 
Sería cousa de

        Alternativa 1. Que mellorasen a internacionalización e permitisen que 
(polo menos para o galego) o de maiúscula ou minúscula dependese de se é a 
inicial da primeira palabra da frase, ou non. Paréceme a mellor alternativa.

        Alternativa 2. Que houbese un código alternativo a «MES» e a «DIA» 
(«mES» e «dIA»?) para poñer a palabra en (todo) minúsculas. Paréceme a 
alternativa máis viable/boa.

        Alternativa 3. Que dende a localización pasemos os meses a minúscula. 
É a alternativa máis doada (podemos facelo nós), pero se a alguén lle dá por 
poñer diante o mes non vai quedar contento, e se alguén mete o día por medio 
tampouco.

<<attachment: Formato da data.png>>

Responderlle a