2010/2/11, Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
>
> Ola,
>
> A efectos de esbozar as actividades que poidamos organizar na asociación (*)
> para este ano; ademais da tradución en si, ocórrensevos propostas?. Falo de
> proposta concretas ao estilo de "obradoiro de {}", "desenvolvemento de {}".

Boas,

Na miña opinión, antes que tradutores fan falta usuarios. Non lle vexo
moito sentido buscar tradutores de cousas que eles mesmos non usan.

Entón, e tendo en contra que Trasno ao mellor non debería poñerse a
dar cursiños de "iniciación ao soft. libre (ou ao mellor si, que esa
tamén sería outra), a min pareceríame aconsellable tratar de pórse en
contacto con xente que faga actividades de "divulgación" do software
libre.

Non sei, pero por exemplo, contactar con diferentes grupos de usuarios
de linux, comentarlles que "somos os de trasno, e queriamos facer
algún obradoiro de tradución", e ver se algún grupo de usuarios está
interesado en prestarnos unha sala e buscar xente á que lle interese
asistir, pode ser beneficioso para todo o mundo.

Ou algo así. Que vos parece? pódese facer?

Veña, ta logo

-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a