En 2010/02/18 12:51, Leandro Regueiro escribiu:
Como que plugin = complemento?? Quedarase onde vai xa en traducilo
como "engadido".

http://www.trasno.net/lurker/thread/20080627.172857.9ceae726.gl.html#20080627.172857.9ceae726



Acabo de lerme o fío enteiro e extraio as seguintes conclusións (para
o día de hoxe). Realmente é o único punto no que discrepo fondamente
dos criterios aplicados na revisión de Gnome (segundo o informe
enviado por Fran)

- non hai suficiente claridade nin suficiente acordo. Non se chegou a
definir o que é o concepto plugin (o concepto xeral, non as súas
concrecións).
- non ten ata agora implantación consistente, nin tradición en galego
neste uso, nin ten en conta as escollas consistentes de dous dos
grandes proxectos (Gnome, Mozilla)
- non se toman en conta moitas outras fontes de tradución de software,
pasadas e presentes (so o gl glosario de Trasno).
- non houbo un estudo doutras alternativas como a non tradución,
outras palabras quizais máis acaídas como "módulo", etc
- non hai valoración da calidade lingüística de "engadido" como
substantivo (diferente ao de plug in>  conectar, en que si)
- non se considerou a necesaria "solidariedade" e homologación coas
demais linguas románicas nin peninsulares

Con todo isto, e salvando que un tradutor individual pode tomar o
camiño que considere máis adecuado ao seu caso, non estou de acordo en
que neste caso haxa consenso xeral de tradutores. Non é un termo menor
e creo que se debe discutir moito máis, ao final, se non se fai, non
teremos tampouco argumentos se o digalego ou o Termigal ou o digatic
ou calquera "decide" calquera barrabasada.

Mentres non haxa esa discusión en serio teremos que traducilo dalgún xeito.


Efectivamente, por iso o discutimos e acordamos esa tradución. Iso no quita que se reabra o tema, pero despois de todo o que se discutiu, neste momento é o que hai.

Responderlle a