Non sei se che servirá de moito, pero eu fai tempo que estiven a buscar a
diferencia entre os termos: seek, search, fetch e find
... e cheguei á conclusión que a diferencia radica na "disposición" do que
os emprega dentro do contexto.

Ata onde entendín:

- "fetch" sería "ir a buscar algo" que sabes onde está e contas traelo de
volta.
- "find" sería algo así como o anterior, pero sen a certeza de que o vas a
traer de volta.
- "search" sería como a anterior, pero poñendo énfase na busca non no
elemento a buscar.
- "seek" usaríase cando máis empeño se pon na busca como realización persoal
ou algo así.

Se cadra me engano, pero aproveito a túa consulta para deixar aqui este tema
por se alguén se apunta a debatilo/resolvelo.

Lamentablemente non se me ocorre ningún termo en galego que permita realizar
dita diferenciación.

On Fri, Feb 19, 2010 at 1:35 PM, Leandro Regueiro <
leandro.regue...@gmail.com> wrote:

> Ola. Estou completando traducións en Xfce e atopeime con "seekable"
> así que fun ver as traducións de "seek":
>
> "ir á posición"
> "localizar"
> "saltar"
> "buscar"
>
> O certo é que ningunha me convence, para o contexto no que estou (xa
> non vou discutir que noutros contextos se poida/deba traducir doutro
> xeito, como en "goal seeking"). Ocorréuseme "posicionar", que en
> certos contextos parece totalmente correcta, como por exemplo en "Seek
> to" nun ficheiro (por exemplo ao ver un vídeo, ou ao ler bloques dun
> ficheiro, ou ao situar as cabezas do disco para ler determinada
> posición).
>
> http://digalego.org/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=51810
>
> Alguén ve algún problema con isto/ten comentarios/ten mellor tradución?
>
> Ata logo,
>                          Leandro Regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a