Boas. A nova versión de OmegaT xa soporta TBX. Eu estou coa tradución e subscrito a lista de desenvolvemento e nunha mensaxe dos cambios efectuados poñían que engadiran esta nova características.
Actualicei o svn e e executei o ant para xerar o executábel e cando fixen as probas, sorpresa. Xa admite a TBX e probeino coa que se fixera dende Mancomun e recoñecía os conceptos. A maiores teñen implementado tradución automática a través de google translate, pero nesta última versión trae algo chamado Belazar, que debería ser para tradución automática. Aínda non sei o que é, terei que investigar. Se alguén sabe o que é, que avise. Saúdos.

