> Ola,
>
> No programa que estou traducindo atópome coa expresión 'XML document
> not well formed'. Dado que estar 'well formed' é unha das
> características básicas dun documento XML (non se podería denominar de
> tal xeito sen posuíla), parece importante que teña unha tradución
> precisa. Buscando no corpus de Mancomún, atopo unha única ocorrencia
> (en pidgin):
>
> "XML Not well formed"   ->  "XML incorrectamente formado"
>
> No software de Microsoft, traduciuse de formas variadas:
>
> Verify well-formed XML.. -> Verificar XML con formato correcto...
> well-formed XML. -> XML ben formado
> XML correcto

Engado algúns resultados que obtiven do openTran buscando por "well
formed" e por "well-formed" (volve buscar por "well-formed" a ver se
che saen novos resultados) e que recortei para que non sairan cadeas
longas:

non é correcto   |   not well-formed   |  M/xmlparser.properties
mal formada   |   not well-formed   |  M/xmlparser.properties
incorrecta   |   not well-formed   |  M/xmlparser.properties
non estaba ben formado   |    was not well formed   |  K/kpackagekit
ben formado   |   Well-formed   |  K/quanta
ben formado   |   well-formed   |  K/quanta
ben formado   |   well-formed   |  K/quanta
ben formado   |   well-formed   |  K/quanta
ben formado   |   well-formed   |  K/quanta

> 1) É correcta a tradución formed -> formado? Non parece que o verbo
> formar teña esa acepción en galego (polo menos no digalego)
> 2) As solucións con formato parecen remitir a un problema de orde
> gráfica, ou de representación, cando o que sucede é que o documento
> non segue as regras sintácticas básicas que permitirían denominalo
> como XML (ou sexa, non é un documento XML), non por unha cuestión de
> formato, senón sintáctica
> 3) Podería valer 'O documento XML non está ben construído'?
>
> Unha analoxía lingüística podería ser: 'a oración non está ben
> formada' contra 'a oración non está ben construída'. Supoño que
> ninguén diría 'a oración non ten o formato correcto' ou 'a oración
> está incorrectamente formada' para dicir que non é sintacticamente
> correcta.
>
> Ao mellor xa se discutiu, pero non encontro referencias nos arquivos da lista.

Eu tampouco atopei nada, agás este mesmo fío.

Quizais non estea moi relacionado, pero isto lémbrame o de "malformed".

Responderlle a