Boas:
A verdade e que normalmente uso dita etiqueta.
Neste caso non considerei a cuestión como unha dúbida terminolóxica máis ben era de significado de Key máis de de porqué traducir. Aínda que por onde foi a cousa seguramente fose conveniente ter usado dita etiqueta. A ver se nesta trasnada avanzamos algo neste tema para usar algún sistema, máis eficiente.


Teño bastantes dúbidas terminolóxicas que non estou a preguntar (por non saturar) en espera de ver que se fala/acorda na vindeira trasnada.
Queda engadida a etiqueta. ;-)

En 17/05/2012 16:01, Enrique Estévez Fernández escribiu:
Ola.

Non vou aportar nada con respecto ao tema, pero sería convinte que no
asunto puxerades que se refire a terminoloxía.

Algo como [Terminoloxía] para facilitar a búsqueda no futuro e o
archivado do correo por parte da xente.

Tomade a anotación como un consello-recordatorio-netiqueta co resto da
rolda. Non por mal, valep.

Saúdos.

2012/5/17 damufo<dam...@gmail.com>:
Boas:
Grazas Xosé, non me parara no detalle da orde.
De aquela tería estas opcións:

Referencia identificadora?
Referencia do identificador?
Referencia chave?


En canto a chave, non acabo de ver que ningún significado dos que aparece no
didionario para CHAVE acaia,
http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/searchNoun.do?nounTitle=chave
mentres que identificador, penso que si acae, porque polo que entendo, KEY
refírese a unha especie de código que identifica algo. Entendo que pode ser
como eses números que aparecen cando se produce un erro Ex. "Erro
34342424234" este número entendo que é un identificador que serve para
levarnos á descrición do erro. Neste caso entendo que sería algo similar(non
sei se números ou secuencia de caracteres) que serven para crear un URL que
o servidor de axuda do Joomla! empregará para amosarnos a sección que lle
corresponde.

Polo que acabo de ver no open-tran "Primary key" está traducido como "Chave
primaria" aquí tampouco vexo o uso de chave co significado de identificador.



En 16/05/2012 21:54, Xosé escribiu:

A única tradución correcta é a pt: reference é o núcleo e key é un
modificador. Key pode ser tamén "fundamental".

Xosé

Em 2012/05/16 19:14, "damufo"<dam...@gmail.com
<mailto:dam...@gmail.com>>  escreveu:


Boas:

Atopeime coa cadea: Key Reference

Estas son as traducións doutros idiomas
key reference Clave de referencia (ES)
key reference Clé de référence (FR)
key reference Referência chave (PT)

Unha opción sería "Clave de referencia", pero como aínda lin hai pouco a
definición de clave do dicionario da RAG non acabo de ver que lle acaia
ningún dos significados.

Outra opción, "Chave de referencia", non acabo de ver que o significado
de chave (segundo a RAG) concorde co que me parece que é.

Pero que é? aquí hai unha explicación

http://forum.joomla.org/viewtopic.php?f=394&t=34676
<http://forum.joomla.org/viewtopic.php?f=394&t=34676>


Polo que entendo é un unha cadea que identifica algo, como un marcador,
identificador que leva a un determinado lugar da axuda.

Penso que neste caso podería traducirse como:

Identificador de referencia
(que, neste caso, logo leva á parte de axuda correspondente)
Algunha opinión?



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net<mailto:Proxecto@trasno.net>
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a